miércoles, 25 de enero de 2012

CURSO DE FORMACIÓN DE AGAT

Técnicas e recursos relacionais para a práctica
da psicomotricidade en A.T.

14, 21 e 28 de abril de 2012 en Santiago de Compostela
Xoana Balado, Psicomotricista, UAT Ferrol




20 horas 
Dias 14 e 21 de abril, de 10h a 2h e de 4h a 8h. 
Dia 28 de abril,  de 10h a 2h
4 sesións prácticas seguidas dun periodo de elaboración de contidos, de 4 h. de duración.
1 sesión de exposición e de observación, comentarios e propostas sobre casos, de 4 h



Inscricións:
Cubrir o formulario da páxina web de AGAT http://www.atenciontemprana.com poñendo os vosos
datos persoais e no apartado de comentarios escribir "inscrición curso psicomotricidade". 
(No apartado mi@email poñede o voso enderezo electrónico).

A inscrición será efectiva no momento de formalizar a matrícula na
C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 


Cota inscrición socia/os AGAT: 100
Cota inscrición non socios: 150 €
Cota inscrición + asociación AGAT 130


Prazas: 20

Material:

Cada participante precisará levar:




  • roupa cómoda e calcetíns grosos ou zapatillas tipo artes marciais (flexibles)
  • un coxín. 
  • unha toalla grande ou unha mantiña .
  • 2 fulares.
Obxectivos:
A comunicación pre-verbal: materiais, contidos e instrumentos.
Exploración e recuperación  das  modalidades da sensibilidade sensoriomotriz.
A construcción de relacións enriquecidas

Contidos:
  • Recibimentos, recoñecementos, saúdos e despedidas. A atención mutua: xerar anticipación e expectativa.
  • Explorar a alerta, a reactividade, a inhibición, a habituación, sobrecarga e descarga, os recursos de desconexión, de consolo e de auto-consolo, as posibilidades de regulación de actividade e descanso, e o uso das canles sensoriais. Defensas e recursos de protección.
  • A revisión, re-coñecemento e activación das modalidades da sensibilidade sensorio-motora con obxecto de compartir e propoñer experiencias.
  • Espazo e territorio: explorar, descubrir, investir e construír espazos para a comunicación.
  • Posicionamento e distanciamento. A proxémica.
  • Fases no desenvolvemento da atención mutua.
  • Estar e non  estar para o outro. Disponibilidade e accesibilidade. A ausencia. Escondites e refuxios.
  • Os obxectos: explorar, dar e recibir. Obxecto mediador, obxecto sustitutivo,obxecto relacional, obxecto emisario.
  • Separación, individuación e identidade.
  • Esquemas relacionais de colaboración, afirmación, oposición, resistencia e evitación.
  • Agresividade, apropiación e identidade.
  • A representación xestual, vocal e gráfica.
  • Alentar e coidar a sensibilidade das familias.
Declaración de interese sanitario: en trámite