domingo, 10 de marzo de 2013

CURSO "PM E AT": Recoñecemento de INTERESE SANITARIO

O curso sobre "Psicomotricidade e Atención Temperá" que vaise celebrar en Santiago de Compostela, na "Fundación Down Compostela" os sábados 13, 20 e 27 de abril de 2013, ven de obter recoñemento de:

       Interese Sanitario


Para ver outra vez o programa do curso, premer neste enlace,Curso PM e AT/ 2ª Edición,ou ben entrar na páxina web da AGAT ou na páxina "Cursos de Formación" neste blog.

viernes, 1 de marzo de 2013

CURSO PM E AT (2ª Edición)


Técnicas e recursos relacionais para a   práctica da psicomotricidade en A. T.  

(2ª EDICIÓN)                                       
                                         13, 20 e 27 ABRIL 2013
                   
                                FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA
                                                             Rúa Alejandro Novo González nº 1
                                                   
                                                                     SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xoana Balado, Psicomotricista 
Unidade de Atención Temperá 
Hospital A. Marcide-Novoa Santos 
Ferrol 

20 horas     Días 13 e 20 de abril, de 10h a 2h e de 4h a 8h. 
                          Día 27 de abril, de 10h a 2h 

4 sesións prácticas seguidas dun periodo de elaboración de contidos, de 4 h. de duración. 

1 sesión de exposición e de observación, comentarios e propostas sobre casos, de 4 h. de duración

20 prazas


Programa
                      A comunicación pre-verbal: materiais, contidos e instrumentos. 
                  Exploración e recuperación das modalidades da sensibilidade  
                  sensoriomotriz. 
                  A construcción de relacións enriquecidas. 
Contidos 

Recibimentos, recoñecementos, saúdos e despedidas. A atención mutua: xerar anticipación e expectativa. 
Explorar a alerta, a reactividade, a inhibición, a habituación, sobrecarga e descarga, os recursos de desconexión, de consolo e de auto-consolo, as posibilidades de regulación de actividade e descanso, e o uso das canles sensoriais. Defensas e recursos de protección. 
A revisión, re-coñecemento e activación das modalidades da sensibilidade sensorio-motora con obxecto de compartir e propoñer experiencias. 
Espazo e territorio: explorar, descubrir, investir e construír espazos para a comunicación. 
Posicionamento e distanciamento. A proxémica. 
Fases no desenvolvemento da atención mutua. 
Estar e non estar para o outro. Disponibilidade e accesibilidade. A ausencia. Escondites e refuxios. 
Os obxectos: explorar, dar e recibir. Obxecto mediador, obxecto sustitutivo, obxecto relacional, obxecto emisario. 
Separación, individuación e identidade. 
Esquemas relacionais de colaboración, afirmación, oposición, resistencia e evitación. 
Agresividade, apropiación e identidade. 
A representación xestual, vocal e gráfica. 
Alentar e coidar a sensibilidade das familias. 

Material
Cada participante precisará levar: 
- roupa cómoda e calcetíns grosos ou zapatillas tipo artes marciais (flexibles) 
- un coxín
- unha toalla grande ou unha mantiña . 
- 2 fulares. 

Inscricións:

Cubrir o formulario da páxina web de AGAT http://www.atenciontemprana.com 
poñendo os vosos datos persoais, profesión e lugar de traballo e no apartado email poñede por favor o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións. A continuación no apartado “comentarios” e no renglón de “asunto do mensaxe” escribir "inscrición curso psicomotricidade" e finalmente premer (pinchar) no botón Enviar. A inscrición será efectiva no momento de formalizar a matrícula na C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 (NovaGaliciaBanco) 
Cota inscrición socios AGAT: 100 € Cota inscrición non socios: 150 € 
Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 130 € 
Información complementaria: formacion@atenciontemprana.com ; Teléfono 691448981 

Declaración de interese sanitario en trámite