CURSO DE ACTUALIZACIÓN EN ATENCIÓN TEMPERA
AS DIFICULTADES DE ALIMENTACIÓN NA PRIMEIRA INFANCIA
2 e 3 de Outubro de 2015
Declarado de interese sanitario
Lugar: Salón de Actos na planta baixa da EGAP (Escola Galega de Administración Pública)
Polígono das Fontiñas
Rúa Madrid 2-4 - Santiago de Compostela
Na primeira infancia, as dificultades na alimentación son moi frecuentes tanto en nenos e nenas sans como naqueles con distintos tipos de enfermidades. Moitas delas obedecen ao proceso de maduración e desenvolvemento do neno ou da nena e resólvense espontaneamente co tempo. Noutros casos, estas mesmas dificultades son vividas con gran preocupación por parte das familias. Coa detección e intervención precoz moitos destes problemas resólvense con facilidade. Pero cando os síntomas son ignorados ou minusvalorados poden cronificarse e dar lugar a trastornos moito máis difíciles de trata
Consuelo Pedrón Giner
• Doutora en Medicina e Cirurxía. Especialista en Pediatría. Médica Adxunta. Servizo de Pediatría. Sección de Gastroenteroloxía e Nutrición.
• Beatriz Sanz Herrero
• Licenciada en Psicoloxía. Especialista en Psicoloxía Clínica. Psicóloga Clínica Adxunta. Servizo de Psiquiatría e Psicoloxía.
• Francisca González González.
• Diplomada en Profesorado de EXB e Especialista en perturbacións da Audición e da Linguaxe. Logopeda en Atención Temperá. Servizo de Rehabilitación.
PROGRAMA
OBXECTIVOS
Aportar unha experiencia interdisciplinaria de abordaxe integral das dificultades de alimentación na nena e no neno pequenos.
Coñecer a tipoloxía de problemas máis frecuentes, os procedementos de avaliación e tratamento individualizado en función das necesidades do neno ou da nena e da súa familia.
Expoñer e discutir casos clínicos representativos e o seu seguimento en colaboración coa familia e as educadoras e educadores das escolas infantís.
CONTIDOS
I.- TRATAMENTO DAS DIFICULTADES DE ALIMENTACIÓN NA PRIMEIRA INFANCIA.
Criterios diagnósticos e tratamento médico
O papel da alimentación no desenvolvemento do neno e da nena
Compartir a culler
CASOS CLINICOS
II.- DA SONDA Á CULLER.A ALIMENTACIÓN NO NENO E NA NENA CON SOPORTE ARTIFICIAL
Tratamento multidisciplinar
CASOS CLÍNICOS
TEMPORIZACIÓN
7 HORAS, 2 sesións de traballo, de tarde 3 HORAS, e de mañá 4 HORAS
DATAS
Días: venres 2 e sábado 3 de Outubro de 2015.
Horario: Venres tarde, de 17 a 20. Sábado mañá, de 10 a 14
LUGAR
Santiago de Compostela, EGAP
PRAZAS LIMITADAS
INSCRICIÓN
Cubrir o formulario da páxina principal da web da AGAT
http://www.atenciontemprana.com/contacto
poñendo os vosos datos persoais, profesión e lugar de traballo. No apartado “email” poñede por favor o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións. A continuación no apartado “asunto” escribide "inscrición curso alimentación". Si sodes socios/as poñédeo no apartado de “mensaxe”. Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”.
Recibiredes confirmación da admisión da vosa solicitude, por rigurosa orde de chegada,
dende a vocalía de AGAT Formación;
a continuacion hai que formalizar a matrícula na C/C da AGAT
|
IBAN: ES0720800553503040005038
|
Cotas
Ata o 1 de setembro
Cota de inscrición socios/as AGAT:
35 €
Cota de inscrición de non socios/as:
60 €
Cota especial de inscrición + Asociación AGAT :
75 €
Despois do 1 de setembro
Cota de inscrición socios/as AGAT:
50 €
Cota de inscrición de non socios/as:
80 €
Cota especial de inscripción + Asociación AGAT :
100 €
Información complementaria:
formacion@atenciontemprana.com;
Tfno 698164211
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario