sábado, 14 de noviembre de 2015

PM UDIAF Carballo

BASES PARA A SELECCIÓN DE PSICOMOTRICISTA PARA A UNIDADE DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR DE BERGANTIÑOS  (UDIAF-BERGANTIÑOS)

 Primeira: obxecto
É obxecto da presente convocatoria a selección para a provisión dun posto de traballo de Psicomotricista para a Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar de Bergantiños da AGAT (Asociación Galega de Atención Temperá)  e segundo convenio asinado pola AGAT coa Consellería de Política Social.
 Segunda: xornada 
A xornada de traballo será de 36 horas semanais de luns a venres, en xornada de maña e tarde, por un ano, durante 2016. O contrato poderá ser renovado en caso de continuidade do convenio. A previsión de inicio efectivo do contrato é para o día 1 de xaneiro de 2016. O período de proba será de tres meses. E haberá unha fase de prácticas iniciais.
Terceira: requisitos
Para tomar parte nas probas de selección será necesario que as persoas aspirantes reúnan os seguintes requisitos na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes:
  • Estar en posesión dunha titulación de grao ou equivalente no ámbito das ciencias da saúde, sociais e/ou educativas
  • Acreditar unha experiencia mínima de dous anos ou estar en posesión dunha titulación de posgrao en desenvolvemento infantil e atención temperá (mínimo 300 h)
  • Acreditar formación e experiencia en psicomotricidade.

Cuarta: solicitudes
Dirixirse á responsable de formación da Asociación Galega de Atención Temperá formación@atenciontemprana.com, acompañando curriculum vitae actualizado
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de novembro as 24:00 horas.
Quinta: proceso de selección
A selección seguirá as seguintes fases:
  •  Fase de avaliación da experiencia e dos méritos Ademáis da experiencia e formación específica descrita nos requisitos, valorarase a experiencia de traballo continuado e cotián con nenos/as de 0 a 6 anos e coas familias, e a formación académica e méritos correspondentes ás citadas áreas. (Primeira preselección)
  • Fase de avaliación do enfoque dun suposto práctico relacionado co posto a desempeñar (Segunda preselección)
  • Fase de avaliación da idoneidade para o posto de traballo mediante entrevista persoal
A previsión da fase de suposto práctico e entrevistas dos/as candidatos preseleccionados é o 10 de decembro, xoves*, e a comunicación da resolución definitiva para adxudicación da praza será entre o 10 e 16 de decembro. A comisión de avaliación será designada pola Xunta Directiva da AGAT.
A comisión de avaliación poderá declarar a praza deserta.
*Comunicarase aos preseleccionados o lugar e data de celebración do suposto práctico e entrevistas


No hay comentarios:

Publicar un comentario