martes, 24 de febrero de 2015

CURSO PM EN AT 2015

“Técnicas e recursos relacionais para a práctica da Psicomotricidade en Atención Temperá”    (4ª edición)
9, 23 e 30 de maio de 2015
XOANA BALADO
Obxectivos: 
 Investigar a comunicación pre-verbal: materiais, contidos e instrumentos. 
 Explorar e recuperar as modalidades da sensibilidade sensoriomotriz. 
 Construír relacións enriquecidas 

Contidos 
Recibimentos, recoñecementos, saúdos e despedidas. A atención mutua: xerar anticipación e expectativa. 
Explorar a alerta, a reactividade, a inhibición, a habituación, sobrecarga e descarga, os recursos de desconexión, de consolo e de auto-consolo, as posibilidades de regulación de actividade e descanso, e o uso das canles sensoriais. Defensas e recursos de protección. 
A revisión, re-coñecemento e activación das modalidades da sensibilidade sensorio-motora co obxecto de afinar a observación, compartir e propoñer experiencias. 
Espazo e territorio: explorar, descubrir, investir e construír espazos para a comunicación. 
Posicionamento e distanciamento. A proxémica. 
Fases no desenvolvemento da atención mutua. 
Estar e non estar para o outro. Disponibilidade e accesibilidade. A ausencia. 
Escondites, refuxios, parapetos. 
Os obxectos: explorar, mostrar, dar e recibir. Obxecto mediador, obxecto sustitutivo,obxecto relacional, obxecto emisario. As operacións relacionais cos obxectos. 
Funcións na comunicación preverbal 
Separación, individuación e identidade. 
Esquemas relacionais de colaboración, afirmación, oposición, resistencia e evitación. 
Agresividade, apropiación e identidade. 
A representación xestual, vocal e gráfica. 
Alentar e coidar a sensibilidade das familias. 

Temporización 
4 sesións prácticas seguidas dun periodo de elaboración da experiencia de 4h. de duración. 
1 sesión de exposición, observación e comentario sobre os contidos, de 4 h

Número de prazas: 20 
Material
Cada participante precisará levar: 
 roupa cómoda e calcetíns grosos ou zapatillas tipo artes marciais (flexibles) 
 un coxín. 
 unha toalla 


CURSO PM EN AT 2015

 “Técnicas e recursos relacionais para a práctica da Psicomotricidade en Atención Temperá” (4ª edición)

 Xoana Balado 
Pedagoga, Psicomotricista 
Unidade de Atención Temperá 
Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

Datas 

Días 9 e 23 maio de 2015, de 10h a 14h. e de 16h. a 20h. 
Dia 30 de maio de 2015, de 10h. a 14 h. 

Lugar 
Salón de Actos da Fundación “Down Compostela”. 
Rúa de Alejandro Novo González, 1, 15706 Santiago de Compostela 

Declaración de interese sanitario en trámite

Inscricións: 

Cubrir o formulario da páxina principal da web de AGAT 
http://www.atenciontemprana.com/contacto 
poñendo os vosos datos persoais, profesión e lugar de traballo. No apartado email poñede por favor o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións. A continuación no apartado “asunto” escribide "inscrición curso psicomotricidade" e finalmente premer (pinchar) no botón Enviar
Recibiredes confirmación da admisión da vosa solicitude, por rigurosa orde de chegada, 
dende a vocalía de AGAT Formación; 
a continuacion hai que formalizar a matrícula na C/C da AGAT 
Nº de conta: 2080 0553 50 3040005038 (ABANCA) 
IBAN 
ES0720800553503040005038 
Cotas 
Ata o día 10 de abril 
Cota inscrición socios AGAT: 100 € Cota inscrición non socios: 150 € 
Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 130 € 
Despois do 10 de Abril 
Cota inscrición socios AGAT: 150 € Cota inscrición non socios: 225 € 
Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 200 € 
Información complementaria: 
formacion@atenciontemprana.com
Tfno 698164211