Curso "INTEGRACIÓN SENSORIAL"
28 de Novembro de 2015
Bárbara Viader
Bàrbara Viader Vidal, realizou os seus estudos universitarios como terapeuta ocupacional na Universidade Autónoma de Barcelona (UAB). Fixo a especialización en Pediatría e Educación na Universidade Nacional de Colombia, e a formación en Integración Sensorial coa Universidade de Liverpool e a Universidade do Sur de California. Realizou o postgrado en Metodoloxía Científica na UAB, e actualmente está centrando os seus estudos no ámbito das neurociencias, dende o Máster en Neurociencias da Universidade de Barcelona (UB), a través dos cales está enfocando os sus estudos de doctorado.
Densenvolve a súa actividade profesional no CEIB, un centro de referencia a nivel nacional, por ser pioneiro dentro do campo da terapia de integración sensorial, e da estimulación neurolóxica infantil. Tamén o é polo seu rigor terapéutico, que se rixe polos estudos máis actuais da neurociencia. Traballan para avanzar na investigación científica, e por todos estes motivos é un centro universitario de referencia en toda Europa. Participan tamén da investigación científica dentro do ámbito da adopción, as dificultades motrices e da aprendizaxe, o autismo e o retraso de crecemento.
PROGRAMA
Introdución á Integración Sensorial. Descrición básica da Integración Sensorial como factor clave para o desenvolvemento infantil:
- Principios básicos.
- Base neurolóxica.
- Sistemas Sensoriais.
- A Arte da Terapia de Integración Sensorial. Quén pode facer terapia de Integración Sensorial e por qué?
A Normalidade e a Disfunción no Procesamento Sensorial:
- Cómo diferenciar Normalidade de Disfunción, en Integración Sensorial? (práctica con fotos, videos e textos).
- Introdución á Disfunción no Procesamento Sensorial (DPS). Qué é o procesamento Sensorial? Cómo se entrena este procesamento sensorial?
Qué sucede cando non funciona correctamente o procesamento sensorial?
- Tipos de afectacións do procesamento sensorial (modulación e discriminación). Exercicios prácticos (texto, imaxes). Prácticas e dinámicas de grupo.
Profundización na Disfunción no Procesamento Sensorial (especificacións para os nenos e nenas con diagnóstico de TEA):
- Clasificación xeral da DPS.
- Desorden na Modulación Sensorial (DMS).
- Desorden na Discriminación Sensorial (DDS).
- Consecuencias de cada desorden da DPS.
Diseño básico dunha dieta sensorial:
- Modificacións ambientais para mellorar a integración sensorial dos nenos e nenas con TEA, e beneficiar así tódalas áreas do seu desenvolvemento e optimizar o resto de intervencións terapéuticas.
A Arte da Terapia de Integración Sensorial en imaxes:
- Qué é exactamente e para qué serve esta terapia?
DATA:
Sábado 28 de novembro de 2015
HORARIO:
9:00 - 15:00 H
LUGAR:
Santiago de Compostela - Por determinar
INSCRICIÓN:
Cubrir o formulario da páxina principal da web da AGAT
Recibiredes confirmación da admisión da vosa solicitude, por rigurosa orde de chegada,
dende a vocalía de AGAT Formación;
a continuacion hai que formalizar a matrícula na C/C da AGAT
a continuacion teneis que formalizar la matrícula em la C/C de AGAT
Nº de cuenta: 2080 0553 50 3040005038 (ABANCA)
|
||
IBAN
|
ES0720800553503040005038
|
Cotas
Cota de inscrición socios/as AGAT:
50 €
Cota de inscrición de non socios/as:
80 €
Cota especial de inscripción + Asociación AGAT :
100 €
Información complementaria:
|
Declaración de Interese Sanitario en trámite