martes, 8 de marzo de 2016

Curso PM en AT 2016

AGAT, anuncia a convocatoria da 5ª Edición do curso de formación

“Técnicas e recursos relacionais para a práctica da

 Psicomotricidade en Atención Temperá”  

   7, 14, 28 maio 2016

Xogos - AGAT
   (5ª edición)
 (Declarado de interese sanitario)
  “Unha relación enriquecida  facilita o desenvolvemento  dos procesos de atención mutua, que preceden á consolidación de canles de comunicación doados e eficaces que sustentarán a exploración e as aprendizaxes na etapa sensorio-motriz. Refrescar, actualizar e potenciar os recursos de relación  pre-verbais que os profesionais poñemos en xogo para  compartir as experiencias, establecer formatos e acordar coas crianzas os elementos de regulación cos que emprenderemos o itinerario ata a atención compartida”.
“O corpo que acolle, contén,  reflicte, modula, regula, achega e aparta,  activa e relaxa. O ton, o movemento, a xestualidade, os patróns rítmicos, as repeticións, os aspectos tónicos da voz e da linguaxe, a mirada, as actitudes, a imitación, a representación. Escoller, desplegar, situar e organizar estes elementos  en marcos espaciais e temporais en función das necesidades que cada crianza nos expresa para explorar e conformar as relacións que lle permitan apropiarse das experiencias e das aprendizaxes”.
Relatora
Xoana BALADO FERNÁNDEZ
  • Pedagoga, Psicomotricista
  • Unidade de Atención Temperá
  • Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

Obxectivos
  • Explorar a comunicación pre-verbal: materiais, contidos e instrumentos.
  • Vivenciar e recuperar as modalidades da sensibilidade sensoriomotriz.
  • Construír relacións enriquecidas

Contidos
  • Recibimentos, recoñecementos, saúdos e despedidas. A atención mutua: xerar anticipación e expectativa.
  • Explorar a alerta, a reactividade, a inhibición, a habituación, sobrecarga e descarga, os recursos de desconexión, de consolo e de auto-consolo, as posibilidades de regulación de actividade e descanso, e o uso das canles sensoriais. Defensas e recursos de protección.
  • A revisión, re-coñecemento e activación das modalidades da sensibilidade sensorio-motora co obxecto de afinar a observación, compartir e propoñer experiencias.
  • Espazo e territorio: explorar, descubrir, investir e construír espazos para a comunicación.
  • Posicionamento e distanciamento. A proxémica.
  • Fases no desenvolvemento da atención mutua.
  • Estar e non estar para o outro. Disponibilidade e accesibilidade. A ausencia. Escondites, refuxios, parapetos.
  • Os obxectos: explorar, dar e recibir. Obxecto mediador, obxecto sustitutivo, obxecto relacional, obxecto emisario. As operacións relacionais cos obxectos.
  • Funcións na comunicación preverbal
  • Separación, individuación e identidade.
  • Esquemas relacionais de colaboración, afirmación, oposición, resistencia e evitación.
  • Agresividade, apropiación e identidade.
  • A representación xestual, vocal e gráfica.
  • Alentar e coidar a sensibilidade das familias.

Temporización
4 sesións prácticas seguidas dun periodo de elaboración da experiencia, de 4 h de duración.
1 sesión de exposición, observación e comentario sobre os contidos e presentación de casos prácticos, de 4 h.

Datas
Días sábados 7 e 14 de maio, de 10h a 14h e de 16h a 20h.
Día sábado 28 de maio,  de 10h a 14h.

Lugar
Salón de Actos da Fundación “Down Compostela”
Rúa de Alejandro Novo González, 1, 15706 Santiago de Compostela

 Material
Cada participante precisará levar:
  • roupa cómoda e calcetíns grosos ou zapatillas tipo artes marciais (flexibles)
  • un coxín
  • unha toalla grande ou unha mantiña
  • 2 fulares
Inscricións: 
  • Cubrir o formulario poñendo os vosos datos persoais, profesión e lugar de traballo
  • No apartado “email” poñede, por favor, o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións.
  • No renglón de “asunto” escribir “Inscrición curso psicomotricidade”.
  • Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”.
  • Inmediatamente recibiredes unha mensaxe automática de saída da solicitude.
  • Logo chegará un correo de “AGAT formación” confirmando a recepción da solicitude e informando, por rigurosa orde de chegada, de:
    • Admisión ao curso: se houbera prazas (24 prazas)
    • Incorporación na lista de agarda: se non quedan prazas libres
  • A continuación hai que formalizar a matrícula ingresando a cota correspondente na C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 ABANCA
  • A inscrición será efectiva no momento en que recibades outro correo de “AGAT formación” confirmando o ingreso da cota de inscrición na C/C da AGAT. 
Cotas
Ata o día 15 de Abril 
Cota inscrición socios/as AGAT: 120 €; Cota inscrición non socios/as: 170 €            Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 150 €
Despois do 15 de Abril 
Cota inscrición socios/as AGAT: 170 €; Cota inscrición non socios/as: 220 €
Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 200 €
Información complementaria:
formacion@atenciontemprana.com; Tfno 698 124 611

No hay comentarios:

Publicar un comentario