sábado, 17 de septiembre de 2016

Curso de formación "O NEONATO E A HUMANIZACIÓN DA SÚA CONTORNA"

                                                                                                                CURSO DE FORMACIÓN 
O NEONATO E A HUMANIZACIÓN DA SÚA CONTORNA”

Unha mirada dende a Atención Temperá
Nos últimos anos a mortalidade perinatal diminuíu de forma espectacular pola maioría dos coidados obstétricos e neonatais. Esta diminución da mortalidade neonatal condiciona un incremento progresivo da poboación de risco. É por iso necesario que os centros que asisten a recén nacidos de risco dispoñan de programas específicos  cuxo obxectivo fundamental sexa detectar e tratar precozmente as problemáticas que podan xurdir e que garanticen un asesoramento familiar que potencie o benestar dos nosos recén nacidos.
Formulamos nesta xornada como a atención á familia e á contorna que rodean ó neonato. Actuacións dende a Atención temperá; resaltamos a importancia de capacitar ás familias para afrontar e adaptarse ás necesidades e condicións que van xurdindo nesta contorna; presentamos un modelo onde os pais e nais son participantes activos no proceso de intervención; buscamos a coordinación entre as e os profesionais e os servizos que atenden ao neonato promovendo a interdisciplinariedade e a transdisciplinariedade cuxo obxectivo común sempre será o benestar do neonato e da súa familia.


OBXECTIVOS:
  • Aportar unha experiencia interdisciplinaria e transdisciplinaria da abordaxe integral das nenas e nenos prematuros e das súas familias.
  • Dar a coñecer a primeira contorna externa onde se desenvolve o neonato e como esta contorna se pode optimizar para favorecer o desenvolvemento do bebé e da súa familia.
  • Expoñer ferramentas e instrumentos que faciliten comprender o comportamento e as relacións temperás do neonato.

CONTIDOS:
  • Historia da neonatoloxía.
  • Contexto dunha unidade neonatal.
  • Coidados centrados no desenvolvemento.
  • Actuacións dende o papel do traballador ou traballadora social.
  • Actuacións dirixidas ás familias desde o ámbito da Psicomotricidade.
  • A importancia da interdisciplinariedade e da transdisciplinaridade.
  • A escala NBAS de T.B. Brazelton e NBO de K. Nugent.
  • Identificación de alteracións visuais en nenas e nenos prematuros e neonatos a término.
  • Avaliación das funcións visuais.
  • Coñecementos sobre o bebé cego, de baixa visión e o déficit visual cerebral.

Salón de Actos da Escola Galega de Administración Pública. 
Santiago de Compostela
Sábado 26 de novembro de 2016
PROGRAMA
Mañá
9:30-10:30  A Unidade Neonatal.
Balado Insunza.
Pediatra. Xefa do Servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
 10:30-11:30  Coidados Centrados no Desenvolvemento.
María Jesús Fernández Cotado.
Enfermeira na Unidade de Neonatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
 11:30-12:00 Pausa – Café
 12:00-12:30 O Traballo Social e a Atención Temperá.
Mª Xosé Vázquez Vázquez.
Traballadora Social do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
 12:30-13:00 Acompañamento dende o ámbito da Psicomotricidad. Tecendo fíos afectivos.
Ana Belén Fernández Blanco.
Psicomotricista. Unidade de Atención Temperá do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
 13:00-14:00 A Interdisciplinaridade entre Neonatoloxía e Atención Temperá. A familia.
Mercè Leonhardt Gallego.
Psicóloga especializada na atención temperá a nenas e nenos con déficit visual e outras discapacidades, e na atención a nais e pais.
Coordinadora Atención Temperá de Programas Internacionais da Fundación Ramón Martí Bonet contra a Cegueira e Fundación Vicente Ferrer na India.
 Tarde
:00–17:45 As capacidades do neonato. A Escala NBAS de T.B. Brazelton e NBO de K. Nugent
                  Identificación dunha alteración visual en nenas e nenos prematuros, e neonatos a término.
Mercè Leonhardt Gallego.
Psicóloga especializada na atención temperá a nenas e nenos con déficit visual e outras discapacidades, e na atención a nais e pais.

17:45-18:00 Descanso
18:00–20:00 Avaliación das funcións visuais.
                   O bebé cego, de baixa visión e o déficit visual cerebral.
Mercè Leonhardt Gallego.
Psicóloga especializada na atención temperá a nenas e nenos con déficit visual e outras discapacidades, e na atención a nais e país.
INSCRICIÓN
  • Entrar en “Contacto” na páxina principal da web da AGAT: 
http://www.atenciontemprana.com 

  • Cubrir o formulario poñendo os vosos datos personais, profesión e lugar de traballo 

  • No apartado “email” poñede, por favor, o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións. 

  • No renglón de “asunto” escribir “Inscrición Curso O NEONATO E A HUMANIZACION DO SEU CONTORNO”
  • Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”. 

  • Inmediatamente recibiredes unha mensaxe automática de saída da solicitude. 

  • Posteriormente, un correo de “AGAT formación” (formacion@atenciontemprana.com) confirmarádevos a recepción da solicitude e informarádevos, por rigurosa orde de chegada, de que para formalizar a matrícula hai que ingresar a cota correspondente na conta:
                               C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 ABANCA
  • A admisión ao curso será efectiva cando recibadess outro correo de “AGAT formación” confirmando o ingreso da cota de inscrición na conta da AGAT.

 COTAS:

 Ata o día 12 de novembro:
  • Cota de inscrición socios/as AGAT: 60 € 
  • Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 110 €
  • Cota de inscrición de non-socios/as: 90 €

Despois  do día 12 de novembro:
  • Cota de inscrición socios/as AGAT: 80 €
  • Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 130 €
  • Cota de inscrición de non-socios/as: 110 €

 INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:
agat@atenciontemprana.com
Tfno. 698 124 611
PRAZAS LIMITADAS.
 UBICACIÓN:
 Escola Galega da Administración Pública (EGAP)
Rúa de Madrid 2-4. FONTIÑAS – Santiago de Compostela.
Declaración de interese sanitario: en trámite

No hay comentarios:

Publicar un comentario