XORNADA: "As TICs no ámbito da Atención Temperá"
Xaime Ponte Mittelbrunn, presidente da AGAT, presentou á Secretaria Xeral de Política Social da
Consellería de Traballo e Benestar, Coro Piñeiro, quen declarou inaugurada a Xornada

No apartado de "Novas" do portal da Xunta de Galicia publicouse esta noticia referente á Xornada "As TICs no ámbito da Atención Temperá" celebrada no MUPEGA o pasado sábado 6 de outubro de 2012 e organizada pola AGAT:
"Benestar avoga por unha atención temperá a través dun marco normativo
que posibilite a intervención múltiple
A secretaria xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar, Coro Piñeiro, participou hoxe na inauguración da xornada ‘As Tecnoloxías da Información e a Comunicación no ámbito da Atención Temperá’
Coro Piñeiro lembrou que
ata a actualidade a atención temperá estivo considerada como unha visión
puramente médica e asistencial, mentres que agora se lle incorporou unha visión
integral.
Santiago, 6 de outubro de 2012.- A secretaria xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar, Coro Piñeiro, avogou hoxe por un novo paradigma para a atención temperá que facilite aos nenos e nenas e ás súas familias unha atención temperá de xeito continuado, flexible e contextualizado a través dun marco normativo que posibilite a intervención múltiple.
Coro Piñeiro participou hoxe na inauguración da xornada ‘As Tecnoloxías da Información e a Comunicación no ámbito da Atención Temperá’. Esta xornada ten como obxectivo intercambiar as experiencias e compartir recursos que permitan mellorar o sistema de atención temperá en Galicia.
A secretaria xeral de Política Social lembrou que ata a actualidade a atención tempera estivo considerada como unha visión puramente médica e asistencial, mentres que agora se lle incorporou unha visión integral que require a intervención de tres sistemas: o de saúde, o la educación e dos servizos sociais.
O resultado deste traballo verase reflectido no futuro decreto polo que se regulará a actuación administrativa integral en atención temperá na Comunidade Autónoma de Galicia, que considera a atención temperá como un servizo administrativo integral de responsabilidade pública e de carácter universal, rexido polos principios reitores de igualdade, coordinación, atención personalizada, autonomía persoal e participación, descentralización e proximidade.
Doutra banda, expuxo que “o aprendizaxe a través das TICs permite flexibilizar a educación, achegala a ámbitos antes dificilmente accesibles e adaptalas ás necesidades de cada neno ou nena”. “De aí a importancia de establecer intervencións centradas nas necesidades e demandas tanto das familias coma dos nenos, onde sempre se teña en conta os contextos sociais e os ámbitos nos que se desenvolven”, apuntou Piñeiro."![]() |
Teresa Busto presenta aos profesionais de TADEGA |
![]() |
Emma Mayo e Xoan Fernández explican como acompañar a unha persoa con déficit visual |
Emma Mayo e Xoan Fernández falaron da vantaxes das TICs na Atención Temperá e a importancia da "accesibilidade e usabilidade como punto de partida para a inclusión". Tamén solicitaron a participación do público para experimentar cunha gafas que simulan distintos problemas de visión.
Despois do café chegou a parte máis emotiva da xornada coa presentación dos blogs creados polas mamás de sendos nenos con discapacidade.
![]() |
Carmen Saavedra presentando "Cappaces" |
Carmen Saavedra contounos os progresos do seu fillo coas TICs, sobre todo co IPad. Se queredes coñecer a web entrades en: http://cappaces.com que, como din na páxina "Este rincón sólo aspira a compartir con otras familias aquellas aplicaciones que nos han resultado útiles, educativas o simplemente divertidas".
A continuación, moi emocionada, Inés Casal presentounos o seu blog que ven sendo a voz do seu fillo e onde podemos ver tamén as súas experiencias co triciclo-tandem.
![]() |
Inés Casal presentando o seu blog "hablapormidiceiago" |
Por último Cuca Da Silva, mestra, nai e promotora da asociación "Por dereito", fixo a presentación do seu blog http://www.pensandoenimaxes.blogspot.com/ que pódese seguir en http://prezi.com/d98l3can-pfw/una-mirada-retrospectiva/
![]() |
Cuca da Silva presentando o blog "Pensando en imágenes" |
![]() |
Iria Botana expoñendo o seu estudo e Gema Martínez moderando |
![]() |
Javier González explicou o seu blog sobre desenvolvemento infantil e atención |
No blog http://desarrolloinfantilyatenciontemprana.blogspot.com.es, creado por el no 2009, podemos atopar todo o relacionado coa atención temperá (historia, recursos, documentación, escalas de detección, avaliación, propostas de intervención) e co desenvolvemento infantil (fichas e vídeos das etapas de dº seguidas mes a mes).
Vaise convertir nun portal de referencia no ámbito da atención temperá en España e máis aló ...
A sáida entregaronse os diplomas de asistencia. Aproveitamos para salientar que houbo unha longa lista de espera para asistir á Xornada e que, moi a noso pesar, moita xente quedou fora por falta de prazas e por erros na entrada dos correos.
Dende AGAT agradecemos o esforzo e a calidade dos e das poñentes e o interese amosado polos distintos profesionais que asistiron a esta Xornada.
Vaise convertir nun portal de referencia no ámbito da atención temperá en España e máis aló ...
A sáida entregaronse os diplomas de asistencia. Aproveitamos para salientar que houbo unha longa lista de espera para asistir á Xornada e que, moi a noso pesar, moita xente quedou fora por falta de prazas e por erros na entrada dos correos.
Dende AGAT agradecemos o esforzo e a calidade dos e das poñentes e o interese amosado polos distintos profesionais que asistiron a esta Xornada.