miércoles, 25 de enero de 2017

Curso de Formación "XENÉTICA e AT"


CURSO DE FORMACIÓN      


             Que deben de saber de Xenética as e os profesionais da Atención Temperá?"


Relator:                                                                                                                 18 de Febreiro de 2017
Anxo Mª CARRACEDO ÁLVAREZ                                              EGAP – Santiago de Compostela

PROGRAMA
OBXECTIVOS:
Facer entender as bases da xenética, do diagnóstico xenético e as posibilidades e limitacións das análises xenéticas.
CONTIDOS:
Bases da xenética. ADN e ARN.
Bases do diagnóstico xenético.
Xenética de enfermidades mendelianas.
Xenética de enfermidades complexas (un exemplo con autismo e discapacidade intelectual).
Asesoramento xenético
RELATOR:
Anxo  Mª CARRACEDO ÁLVAREZ
Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago e Doutor en Medicina pola mesma Universidade, ambos con premio extraordinario.
Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (Consellería de Sanidade-Xunta de Galicia).
Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago (USC)).
Director do Instituto de Medicina Legal da USC (desde 1994 ata 2012).
Director do Centro Nacional de Genotipado (ISCIII).
Publicou 10 libros e máis de 600 artigos en revistas incluíndo artigos en Nature, Science, Nature Genetics, ademais das principais revistas de Xenética Médica, cancro e Medicina Forense.
Editor da revista Forensic Science International: Genetics, a de maior impacto da área forense.
Membro do consello editorial de 15 revistas internacionais de Xenética e Medicina oFrense.
Dirixe un grupo duns cen investigadores e investigadoras que traballan en diferentes  áreas da xenómica, tanto clínica como forense.
Recibiu numerosos premios entre os que salientamos:
-                                 Medalla de Ouro e Prata de Galicia
-                                 Premio Rei Jaime I de investigación, outorgado en España por un xurado de máis de 20 Premios Nobel
-                                 Medalla Adelaide, a distinción máis importante a nivel mundial en Medicina Forense
-                                 Medalla Galien, coñecido polo Premio Nobel do Medicamento
-                                 Medalla Castelao
-                                 Premio Prismas de Divulgación
-                                 Premio Novoa Santos
-                                 Medallas ao mérito da Policía e a Garda Civil.
-                                 Doutor Honoris Causa por varias universidades de Europa e América
-                                 Premio Nacional de Genética

A xenética é unha disciplina “transversal que o abarca todo”, que ten aplicacións nos campos máis diversos como a historia, a migración dos pobos, a lingüística, así como en outros tan dispares como a investigación sobre o cancro, o autismo ou a medicina forense, temas aos que se dedica en corpo  e alma o Profesor Dr Anxo Mª Carracedo.
A súa ampla traxectoria profesional lle permitiu ser testemuña da evolución da xenética. “Ao abordar desde a xenética enfermidades moi distintas, vemos que se empregan os mesmos marcadores e os mesmos procedementos”, comenta o científico.
«O número de casos que se poden diagnosticar mediante probas xenéticas é cada vez máis importante, asa o punto de que no autismo ou na discapacidade intelectual a porcentaxe pode acadar o 40 por cento e nas enfermidades raras o 80 por cento»
Isto é moi importante para as familias cun neno ou unha nena autista, non soamente para confirmar o diagnóstico senón tamén para o consello xenético, por se queren ter máis descendencia. Desta forma, pódese predicir mellor o risco  e tomar decisións ao respecto.
O consello xenético é o estudo que se realiza a unha persoa determinada para comprobar se existe risco de que na súa familia poda repetirse a enfermidade que ela padece. Tratase dunhas probas coas que é posible adiantarse ao futuro desenvolvemento dun alto número de enfermidades.
O profesor Carracedo comezou abordando cuestións relacionadas co cancro e agora está máis centrado en enfermidades psiquiátricas. No caso do autismo, realizou un proxecto integrado por un consorcio internacional no que secuenciaron exomas de moitos nenos e nenas autistas, atopando máis de 100 xenes novos.
Se ao xenoma humano o comparamos cun libro,  á parte deste libro que ten a información real se lle chama exoma, porque hai moitas partes do libro que non se sabe moi ben que información teñen. Ás partes que dan instrucións polo tanto se llas chama exoma, que é unha pequena parte do libro, como uns centos de millóns de páxinas.
Grazas á xenética, pódense facer diagnósticos prenatais ou preimplantacionais que é unha maneira de previr que os nosos fillos e fillas e tamén os nosos netos e netas presenten unha patoloxía.
Cando isto é inevitable e aparece unha diversidade funcional decatámonos da importancia da Atención Temperá para paliar o mellor posible as súas consecuencias.
         Como conclusión poderíamos realizarnos esta pregunta “Que deben de saber   de xenética as profesionais e os profesionais da Atención Temperá?”

LUGAR:
Salón de Actos da EGAP (Escola Galega de Administración Pública)
Santiago de Compostela
DATA:
Sábado 18 de febreiro de 2017
HORARIO:
10:00 – 14:00 h
PRAZAS :
Limitadas - Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición
Declaración de interese sanitario:
en trámite
COTAS:

Ata o día 31 de xaneiro:
·  Cota de inscrición socios/as AGAT: 0
·  Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT:  40 €
·  Cota de inscrición de non-socios/as:  20

Ata o día 10 de febreiro:
·  Cota de inscrición socios/as AGAT: 10 €
·  Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT:  50 €
·  Cota de inscrición de non-socios/as:  30 €
INSCRICIÓN
-   Entrar en “Contacto” na páxina principal da web da AGAT: 
http://www.atenciontemprana.com 

-   Cubrir o formulario poñendo os vosos datos personais, profesión e lugar de traballo 

-   No apartado “email” poñede, por favor, o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións.
-   Na ringleira de “asunto” escribir "Inscrición Curso  Xenética e AT”
-   Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”. 

-   Inmediatamente recibiredes unha mensaxe automática de saída da vosa solicitude. 

-   Posteriormente, un correo de “AGAT Formación” (formacion@atenciontemprana.com) vos confirmará da recepción da vosa solicitude e vos informará de que para formalizar a matrícula tedes que ingresar a cota correspondente na conta:
                               C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 ABANCA
-   A admisión ao curso será efectiva cando recibades outro correo de “AGAT Formación” confirmando o ingreso da vosa cota de inscrición na conta da AGAT.
INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:
atenciontemprana@atenciontemprana.com                      
agat@atenciontemprana.com
Tfno. 698 124 611

CURSO DE FORMACIÓN 
O NEONATO E A HUMANIZACIÓN DA SÚA CONTORNA”

Unha mirada dende a Atención Temperá

O sábado 26 de novembro de 2016, celebrouse na EGAP, en Santiago de Compostela o curso "O neonato e a humanización da súa contorna".
O mellor valorado do curso foron as relatoras, o seu elevado nivel de coñecementos sobre os temas tratados, a claridade na exposición e na presentación dos recursos, como se reflicte nas porcentaxes de máxima valoración das enquisas.
Tamén é de salientar o bo clima que se creou no curso dende o primeiro momento.


A Presidenta da AGAT, Teresa Busto inaugurou o curso e presentou ás relatoras.

María Jesús Fernández Cotado.
D.U.E. Enfermeira na Unidade de Neonatoloxía do Servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
María Xosé Vázquez Vázquez.
Diplomada en Traballo Social. Traballadora social do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Profesional de referencia da Unidade de Atención Temperá do CHUO dende o ano 1998 ata finais do ano 2015.
Ana Belén Fernández Blanco.
Diplomada en maxisterio. Especialidade de Educación Especial. Psicomotricista. Experta Universitaria en Atención á Dependencia. Técnica en Atención Temperá.
Forma parte do equipo de Atención Temperá do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense  dende 1999.
Mercé Leonhardt Gallego
Licenciada en Filosofia e Letras. Sección Psicoloxía. Titulada pola Universidad de Harvard na capacitación e aplicación da Escala Neonatal Behavioural Assessment Scale NBAS, de T.B. Brazzelton.
Pioneira da Atención Temperá en nenos e nenas con déficit visual e Coordinadora de Atención Precoz para nenos e nenas cegos e con severo déficit visual durante máis de 30 anos.


Teresa Busto presentando ás relatoras
Mª Xosé Vázquez, Mª Jesús Fernández Cotado e Ana Belén Fermández Blanco
A primeira relatora foi Mª Jesús Fernández Cotado
As persoas asistentes seguen con atención as explicaicón das relatoras

         

Ana Belén Fernández Blanco moderó la mesa y también expuso as súas vivencias do seu traballo diario co equipo de Atención Temperá do Complexo Hospitalario de Ourense.



Como colofón da mañá e toda a tarde, Mercè Leonhardt deleitó ao público participante ao curso contando a súa ampla experiencia e bo facer con nenas e nenos cegos. A súa calidade humana impresionó moito ás persoas asistentes que se implicaron na charla e plantexaron varias preguntas.

sábado, 17 de septiembre de 2016

Curso de formación "O NEONATO E A HUMANIZACIÓN DA SÚA CONTORNA"

                                                                                                                CURSO DE FORMACIÓN 
O NEONATO E A HUMANIZACIÓN DA SÚA CONTORNA”

Unha mirada dende a Atención Temperá
Nos últimos anos a mortalidade perinatal diminuíu de forma espectacular pola maioría dos coidados obstétricos e neonatais. Esta diminución da mortalidade neonatal condiciona un incremento progresivo da poboación de risco. É por iso necesario que os centros que asisten a recén nacidos de risco dispoñan de programas específicos  cuxo obxectivo fundamental sexa detectar e tratar precozmente as problemáticas que podan xurdir e que garanticen un asesoramento familiar que potencie o benestar dos nosos recén nacidos.
Formulamos nesta xornada como a atención á familia e á contorna que rodean ó neonato. Actuacións dende a Atención temperá; resaltamos a importancia de capacitar ás familias para afrontar e adaptarse ás necesidades e condicións que van xurdindo nesta contorna; presentamos un modelo onde os pais e nais son participantes activos no proceso de intervención; buscamos a coordinación entre as e os profesionais e os servizos que atenden ao neonato promovendo a interdisciplinariedade e a transdisciplinariedade cuxo obxectivo común sempre será o benestar do neonato e da súa familia.


OBXECTIVOS:
  • Aportar unha experiencia interdisciplinaria e transdisciplinaria da abordaxe integral das nenas e nenos prematuros e das súas familias.
  • Dar a coñecer a primeira contorna externa onde se desenvolve o neonato e como esta contorna se pode optimizar para favorecer o desenvolvemento do bebé e da súa familia.
  • Expoñer ferramentas e instrumentos que faciliten comprender o comportamento e as relacións temperás do neonato.

CONTIDOS:
  • Historia da neonatoloxía.
  • Contexto dunha unidade neonatal.
  • Coidados centrados no desenvolvemento.
  • Actuacións dende o papel do traballador ou traballadora social.
  • Actuacións dirixidas ás familias desde o ámbito da Psicomotricidade.
  • A importancia da interdisciplinariedade e da transdisciplinaridade.
  • A escala NBAS de T.B. Brazelton e NBO de K. Nugent.
  • Identificación de alteracións visuais en nenas e nenos prematuros e neonatos a término.
  • Avaliación das funcións visuais.
  • Coñecementos sobre o bebé cego, de baixa visión e o déficit visual cerebral.

Salón de Actos da Escola Galega de Administración Pública. 
Santiago de Compostela
Sábado 26 de novembro de 2016
PROGRAMA
Mañá
9:30-10:30  A Unidade Neonatal.
Balado Insunza.
Pediatra. Xefa do Servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
 10:30-11:30  Coidados Centrados no Desenvolvemento.
María Jesús Fernández Cotado.
Enfermeira na Unidade de Neonatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
 11:30-12:00 Pausa – Café
 12:00-12:30 O Traballo Social e a Atención Temperá.
Mª Xosé Vázquez Vázquez.
Traballadora Social do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
 12:30-13:00 Acompañamento dende o ámbito da Psicomotricidad. Tecendo fíos afectivos.
Ana Belén Fernández Blanco.
Psicomotricista. Unidade de Atención Temperá do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
 13:00-14:00 A Interdisciplinaridade entre Neonatoloxía e Atención Temperá. A familia.
Mercè Leonhardt Gallego.
Psicóloga especializada na atención temperá a nenas e nenos con déficit visual e outras discapacidades, e na atención a nais e pais.
Coordinadora Atención Temperá de Programas Internacionais da Fundación Ramón Martí Bonet contra a Cegueira e Fundación Vicente Ferrer na India.
 Tarde
:00–17:45 As capacidades do neonato. A Escala NBAS de T.B. Brazelton e NBO de K. Nugent
                  Identificación dunha alteración visual en nenas e nenos prematuros, e neonatos a término.
Mercè Leonhardt Gallego.
Psicóloga especializada na atención temperá a nenas e nenos con déficit visual e outras discapacidades, e na atención a nais e pais.

17:45-18:00 Descanso
18:00–20:00 Avaliación das funcións visuais.
                   O bebé cego, de baixa visión e o déficit visual cerebral.
Mercè Leonhardt Gallego.
Psicóloga especializada na atención temperá a nenas e nenos con déficit visual e outras discapacidades, e na atención a nais e país.
INSCRICIÓN
  • Entrar en “Contacto” na páxina principal da web da AGAT: 
http://www.atenciontemprana.com 

  • Cubrir o formulario poñendo os vosos datos personais, profesión e lugar de traballo 

  • No apartado “email” poñede, por favor, o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións. 

  • No renglón de “asunto” escribir “Inscrición Curso O NEONATO E A HUMANIZACION DO SEU CONTORNO”
  • Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”. 

  • Inmediatamente recibiredes unha mensaxe automática de saída da solicitude. 

  • Posteriormente, un correo de “AGAT formación” (formacion@atenciontemprana.com) confirmarádevos a recepción da solicitude e informarádevos, por rigurosa orde de chegada, de que para formalizar a matrícula hai que ingresar a cota correspondente na conta:
                               C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 ABANCA
  • A admisión ao curso será efectiva cando recibadess outro correo de “AGAT formación” confirmando o ingreso da cota de inscrición na conta da AGAT.

 COTAS:

 Ata o día 12 de novembro:
  • Cota de inscrición socios/as AGAT: 60 € 
  • Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 110 €
  • Cota de inscrición de non-socios/as: 90 €

Despois  do día 12 de novembro:
  • Cota de inscrición socios/as AGAT: 80 €
  • Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 130 €
  • Cota de inscrición de non-socios/as: 110 €

 INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:
agat@atenciontemprana.com
Tfno. 698 124 611
PRAZAS LIMITADAS.
 UBICACIÓN:
 Escola Galega da Administración Pública (EGAP)
Rúa de Madrid 2-4. FONTIÑAS – Santiago de Compostela.
Declaración de interese sanitario: en trámite