AGAT, anuncia a convocatoria da 5ª Edición do curso de formación
“Técnicas e recursos relacionais para a práctica da
Psicomotricidade en Atención Temperá”
7, 14, 28 maio 2016
(5ª edición)
(Declarado de interese sanitario)
“Unha relación enriquecida facilita o desenvolvemento dos procesos de atención mutua, que preceden á consolidación de canles de comunicación doados e eficaces que sustentarán a exploración e as aprendizaxes na etapa sensorio-motriz. Refrescar, actualizar e potenciar os recursos de relación pre-verbais que os profesionais poñemos en xogo para compartir as experiencias, establecer formatos e acordar coas crianzas os elementos de regulación cos que emprenderemos o itinerario ata a atención compartida”.
“O corpo que acolle, contén, reflicte, modula, regula, achega e aparta, activa e relaxa. O ton, o movemento, a xestualidade, os patróns rítmicos, as repeticións, os aspectos tónicos da voz e da linguaxe, a mirada, as actitudes, a imitación, a representación. Escoller, desplegar, situar e organizar estes elementos en marcos espaciais e temporais en función das necesidades que cada crianza nos expresa para explorar e conformar as relacións que lle permitan apropiarse das experiencias e das aprendizaxes”.
Relatora
Xoana BALADO FERNÁNDEZ
- Pedagoga, Psicomotricista
- Unidade de Atención Temperá
- Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol
Obxectivos
- Explorar a comunicación pre-verbal: materiais, contidos e instrumentos.
- Vivenciar e recuperar as modalidades da sensibilidade sensoriomotriz.
- Construír relacións enriquecidas
Contidos
- Recibimentos, recoñecementos, saúdos e despedidas. A atención mutua: xerar anticipación e expectativa.
- Explorar a alerta, a reactividade, a inhibición, a habituación, sobrecarga e descarga, os recursos de desconexión, de consolo e de auto-consolo, as posibilidades de regulación de actividade e descanso, e o uso das canles sensoriais. Defensas e recursos de protección.
- A revisión, re-coñecemento e activación das modalidades da sensibilidade sensorio-motora co obxecto de afinar a observación, compartir e propoñer experiencias.
- Espazo e territorio: explorar, descubrir, investir e construír espazos para a comunicación.
- Posicionamento e distanciamento. A proxémica.
- Fases no desenvolvemento da atención mutua.
- Estar e non estar para o outro. Disponibilidade e accesibilidade. A ausencia. Escondites, refuxios, parapetos.
- Os obxectos: explorar, dar e recibir. Obxecto mediador, obxecto sustitutivo, obxecto relacional, obxecto emisario. As operacións relacionais cos obxectos.
- Funcións na comunicación preverbal
- Separación, individuación e identidade.
- Esquemas relacionais de colaboración, afirmación, oposición, resistencia e evitación.
- Agresividade, apropiación e identidade.
- A representación xestual, vocal e gráfica.
- Alentar e coidar a sensibilidade das familias.
Temporización
4 sesións prácticas seguidas dun periodo de elaboración da experiencia, de 4 h de duración.
1 sesión de exposición, observación e comentario sobre os contidos e presentación de casos prácticos, de 4 h.
Datas
Días sábados 7 e 14 de maio, de 10h a 14h e de 16h a 20h.
Día sábado 28 de maio, de 10h a 14h.
Lugar
Salón de Actos da Fundación “Down Compostela”
Rúa de Alejandro Novo González, 1, 15706 Santiago de Compostela
Material
Cada participante precisará levar:
- roupa cómoda e calcetíns grosos ou zapatillas tipo artes marciais (flexibles)
- un coxín
- unha toalla grande ou unha mantiña
- 2 fulares
Inscricións:
- Entrar en “Contacto” na páxina principal da web de AGAT: http://www.atenciontemprana.com
- Cubrir o formulario poñendo os vosos datos persoais, profesión e lugar de traballo
- No apartado “email” poñede, por favor, o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións.
- No renglón de “asunto” escribir “Inscrición curso psicomotricidade”.
- Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”.
- Inmediatamente recibiredes unha mensaxe automática de saída da solicitude.
- Logo chegará un correo de “AGAT formación” confirmando a recepción da solicitude e informando, por rigurosa orde de chegada, de:
- Admisión ao curso: se houbera prazas (24 prazas)
- Incorporación na lista de agarda: se non quedan prazas libres
- A continuación hai que formalizar a matrícula ingresando a cota correspondente na C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 ABANCA
- A inscrición será efectiva no momento en que recibades outro correo de “AGAT formación” confirmando o ingreso da cota de inscrición na C/C da AGAT.
Cotas
Ata o día 15 de Abril
Cota inscrición socios/as AGAT: 120 €; Cota inscrición non socios/as: 170 € Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 150 €
Despois do 15 de Abril
Cota inscrición socios/as AGAT: 170 €; Cota inscrición non socios/as: 220 €
Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 200 €
Información complementaria:
formacion@atenciontemprana.com; Tfno 698 124 611