lunes, 23 de diciembre de 2013

REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ

O luns 23 de decembro de 2013 saíu publicado no DOGa nº 244, o Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá


A continuación tedes un resumo do decreto:

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación
1. É obxecto do presente decreto crear a Rede galega de atención temperá, que regula
a actuación integral en atención temperá dos órganos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico, delimita as competencias de cada un dos órganos e entidades no seu ámbito de actuación (sanitario, educativo e de servizos sociais), así como os mecanismos de coordinación entre eles, a través da creación dos órganos colexiados da Rede, e a definición do catálogo de servizos específicos de apoio en atención temperá.
2. Serán persoas destinatarias da atención temperá os/as nenos/as de 0 a 6 anos con
trastornos no desenvolvemento ou en situacións de risco de padecelos, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, así como as súas familias e o seu contorno. 
Artigo 2. Definicións
1. Enténdese a atención temperá como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación
infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar
resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social. 
Artigo 3. Principios reitores
1. Os principios reitores da Rede galega de atención temperá son os seguintes:
a) Universalidade
b) Igualdade
c) Responsabilidade pública
d) Descentralización e proximidade
e) Coordinación
f) Integración social
g) Interese superior do/a menor.
h) Prevención
i) Gratuidade
j) Interdisciplinariedade e alta cualificación profesional.
k) Diálogo e participación familiar.
l) Calidade.
Artigo 4. Metodoloxía das actuacións en atención temperá
A atención temperá desenvólvese como unha atención especializada multidisciplinar, e
as actuacións terán un carácter multidimensional e biopsicosocial mediante equipamentos especializados en desenvolvemento infantil de 0 a 6 anos, que seguirán un modelo metodolóxico común de actuación:
a) Detección precoz dos trastornos do desenvolvemento ou das situacións de risco de
padecelos.
b) Valoración e intervención interdisciplinaria e transdisciplinaria a través das fases de
acollida, valoración, intervención e avaliación.
c) Identificación e rexistro do trastorno do desenvolvemento, competencias persoais,
factores contextuais, barreiras e facilitadores para o progreso na autonomía persoal e a inclusión social
d) Elaboración e seguimento dun plan personalizado de intervención 
e) Coordinación cos recursos dos servizos sociais, educativos e sanitarios relacionados
cos procesos referidos.
f) Autonomía persoal
g) Atención personalizada
h) Atención especializada multidisciplinar

Pódese consultar o decreto completo no seguinte enlace: 




DECRETO ATENCIÓN TEMPERÁ

O pasado 5 de decembro de 2013, coincidendo coa conmemoración do Día Internacional da Discapacidade, a Xunta de Galicia anunciou que por fin vai saír á luz o tan esperado Decreto de Atención Temperá.

No boletín de Información aos Medios da Xunta de Galicia, aparece o anuncio de que a Consellería de Traballo e Benestar ven de aprobar o Decreto polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá para nenos e nenas de entre 0-6 anos:


"O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto que regulará esta nova actuación integral e transversal que coordinará un espazo común entre os sistemas de saúdeeducación e servizos sociais"

O obxectivo do decreto de atención temperá é prestar atención aos menores con
problemas de desenvolvemento ou en risco de padecelos, así como ás súas familias.

Entre outras novidades, establecerá que os profesionais do ámbito teñan unha
formación específica e regulará a existencia dun profesional de referencia para os
usuarios

A través deste texto crearase tamén o Consello Autonómico de Atención Temperá,
que establecerá as liñas estratéxicas na materia

A Consellería de Traballo e Benestar creará, por primeira vez en Galicia, unha rede de atención temperá con fin de avanzar na autonomía, na prevención e na calidade de vida, tanto dos propios menores como das súas familias.


Cabe destacar tamén que o decreto de atención temperá se enmarca na "Estratexia

para a prevención e detección precoz da dependencia, horizonte 2020", grazas a que 

a prevención pasa a considerarse prioritaria nas intervencións públicas. 

Por outra banda, é preciso lembrar que a coordinación entre departamentos ten tamén o 

seu reflexo en fitos como o "Plan marco de atención sociosanitaria de Galicia".