domingo, 26 de octubre de 2014

VI JORNADAS INTERDISCIPLINARIAS GAT/AGAT

"ATENCIÓN TEMPRANA, SIMIENTE DE FUTURO"

28 e 29 de Noviembre de 2014
Santiago de Compostela
El día 25 de octubre terminó el plazo para enviar comunicaciones

viernes, 17 de octubre de 2014

miércoles, 3 de septiembre de 2014

VI XORNADAS INTERDISCIPLINARIAS DO GAT

"ATENCIÓN TEMPERÁ, SEMENTE DE FUTURO"

28 e 29 de Novembro 2014
Santiago de Compostela
Facultade de Ciencias da Comunicación 
Campus Norte. Avenida Castelao s/n

PROGRAMA:

Venres 28 de Novembro
09.30 –10.00 Rexistro e entrega de documentación
10.00 –10.30 Presentación das Xornadas e acto inaugural Consellería de Traballo e Servizos Sociais Consellería de Sanidade Consellería de Educación
Presidenta AGAT, Teresa Busto Presidente GAT, Juan Carlos Belda
10.30 –11.15 Conferencia inaugural. “Memoria e futuro da Atención Temperá”
Contxa Bugié, neuropediatra do CDIAP Dapsi-Moncada, Barcelona
Presenta: Juan Carlos Belda, presidente do GAT 11.15 –11.45 Café
11.45 –12.30 “Galicia: O novo protocolo de coordinación, intervención e derivación en Atención Temperá” Secretaría Xeral de Política Social. Consellería de Traballo e Benestar Comisión Técnica de Atención Temperá da Xunta de Galicia.
12.30 –13.15 “A detección precoz na consulta de pediatría de atención primaria”. Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria
13.15 –14.00 “A detección precoz no hospital” Servizos de Neonatoloxía, Rehabilitación e Atención Temperá dos Hospitais de Galicia. SERGAS
16.00 –16.45 “O sentimento de inclusión da familia na comunidade” Rocío García Castro. Psicóloga. Especialista en procesos correctores comunitarios (ProCC). STAND. Concello de Noia
16.45 –17.30 Atención as necesidades educativas específicas no segundo ciclo de infantil (3-6)
Servizos de Orientación Educativa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia
17.30 –18.00 Café
18.00 –18.45 Presentación do proxecto do GAT “A Atención Temperá nas Escolas Infantís”
Sonsoles Perpiñán Guerras. Psicóloga. Directora del EAT de Ávila. 
19.00 Asemblea Ordinaria del GAT 
20.00 Programa social

Sábado 29 de Novembro
09.00 –10.00 Comunicacións libres
10.00 –11.00 Obradoiros simultáneos: Preguntas ao experto
Obradoiro 1: A formación de postgrado en Atención Temperá María José Buceta Cancela. Directora Master AT Universidade de Santiago de Compostela.
Julio Pérez López. Dtor Master AT U. de Murcia.
María G. E. Millá. Directora Master AT U. Valencia Obradoiro 2: A atención á familia no diagnóstico
Antonia Márquez Luque. Psicóloga Clínica. Unidade de Maduración U.G.C. de Pediatría do H. Universitario “Virgen Macarena” de Sevilla. Jose Luis Peña Segura. Neuropediatra. Hospital Miguel Servet de Zaragoza. Marisa Poch Olivé. Neuropediatra do Hospital San Millán de Logroño.
11.00 –11.30 Café
11.30 –12.30 “A transcendencia do xogo na formación do símbolo” Ángeles Ruiz de Velasco, profesora titular de educación infantil no Centro Universitario La Salle (UAM). Doutora en Pedagoxía e Terapeuta Psicomotriz
12.30 –13-30 “A arte de participar. Creando espazos de xogo”. Javier Abad, artista visual e doutor pola UCM. Profesor de Educación Artística no Centro Universitario La Salle (UAM).
13.30 IV premio GAT Entrega do premio GAT 2014 Juan Carlos Belda, Presidente GAT Teresa Busto, Presidenta AGAT
14.00 Clausura “Real Patronato sobre Discapacidad”

INSCRICIÓN:  GRATUITA

www.atenciontemprana.com



lunes, 9 de junio de 2014

PM en AT - Sábado 7 de xuño


Técnicas e recursos relacionais para a práctica da 
 Psicomotricidade en Atención Temperá”   (3ª edición)

(Declarado de interese sanitario)

O sábado 7 de Xuño de 2014, celebrouse a derradeira sesión do curso sobre Psicomotricidade en Atención Temperá, na súa 3ª edición impartido pola experta psicomotricista Xoana Balado.
Despois de dous sábados de intensas vivencias psicomotrices, este último día adicouse á reflexión e a correlacionar a práctica coa teoría.
O remate do curso consistiu na análise e estudo de casos presentados pola poñente, Xoana Balado, e obtidos durante o seu traballo cos seus pacientes, á familia dos cales agradecemos a súa colaboración no desenvolvmento destes cursos.
O labor docente da relatora, Xoana Balado, foi valorado polas persoas participantes cunha prolongada ovación.
Coma sempre, nas seguintes fotos poden apreciarse os diferentes momentos do curso:

LECCIÓN MAXISTRAL DE XOANA BALADO 
ESTUDO E ANÁLISE DE CASOS
RESOLVENDO DÚBIDAS....
Mentras o alumnado avalía o curso, Xoana pensa ... 
PARTICIPANTES DA 3ª EDICIÓN DE "PM en AT", RECOLLENDO O DIPLOMA





Xoana Balado e a responsable de Formación da AGAT pensando xa na 4ª edición do curso de "PM en AT" ou ben na continuidade cun curso de ampliación de coñecementos psicomotrices e de estudo e seguimento de casos. 
Dentro dun ano o veremos.


martes, 3 de junio de 2014

PM en AT - Sábado 24 de maio de 2014


Técnicas e recursos relacionais para a práctica da 
 Psicomotricidade en Atención Temperá”   (3ª edición)

(Declarado de interese sanitario)

O sábado 24 de Maio de 2014, realizouse a segunda sesión do curso sobre Psicomotricidade en Atención Temperá, na súa 3ª edición impartido pola experta psicomotricista Xoana Balado.

As seguintes imaxes reflicten os aspectos traballados, tanto pola mañá como pola tarde. Salientar que a maioría tíñalle "moito medo ao lobo" e non saían da casa!!!

Preparando as casiñas para esconderse do lobo

Xoana preparando o lobo que comerá a máis de un e unha


 Hai que agarcharse porque parece que o lobo está cerca 

Os lobos están preparados para comer a algún ou algunha

Xoana explicando a seguinte actividade...preparándonos para pintar

Debuxamos as nosas siluetas

As nosas siluetas din moito de nós, incluso cousas que non tiñamos presentes

E compartimos un anaquiño de cada un e cada unha de nós cos e cas demáis

Agora toca experimentar coas telas

Divertido e ben bonito

A ver quen tira máis

Imos dar un paseo

Qué ben se está

Agora xogamos á pita cega

A quen chamará

A ver se os asustamos desta vez

Despois de mostrar tanta agresividade e dunha intensa tarde qué importante é descansar
Qué ben nos sentou...así atendemos mellor

E como boa profesional de AT Xoana coida a despedida, que tan importante é

lunes, 19 de mayo de 2014

PM en AT - Sábado 10 de maio

Técnicas e recursos relacionais para a práctica da 

 Psicomotricidade en Atención Temperá”   (3ª edición)

(Declarado de interese sanitario)

O sábado 10 de Maio de 2014, deu comezo o curso sobre Psicomotricidade en Atención Temperá, na súa 3ª edición que está a ser impartido por Xoana Balado.
O novo grupo de participantes está formado por xóvenes profesionais e estudantes de diversas disciplinas.
Xoana Balado introduce o curso coas súas explicacións pero sobre todo coas súas vivencias
Estas imaxes reflicten mellor cas verbas as actividades realizadas e o bo clima que se logrou nesta primeira sesión. 

A sesión comezou imitando todo o grupo o movemento proposto por cada un e cada unha das participantes

Ao cabo dun rato xa se andaba polo chan, mesmo de xeonllos
               
Despois da vivencia ven a reflexión e os comentarios
Agora toca "transportar" os coxíns, en parella, pero antes individual
Preparándose para cambiar de "casa", á orde de Xoana hai que ir a outro xornal 


As primeiras experiencias plasmanse no papel. Moitas cores, estrelas, flores, pés, círculos, notas,...

Antes de comer, sesión de relaxación
Medio grupo está "cego" e o outro fai de "lazarillo", a vista está nos pés. A confianza da seguridade

Tramando a vinganza para quenes non guiaron ben!!! 

 Agora as persoas cegas ven e aos lazarillos lles toca "sofrir" 


A tarde rematou coa exploración do "obxecto", xa fora transicional, hipnótico, relacional,...

martes, 25 de marzo de 2014

CURSO PM EN AT (3ª edición) - COMPLETO

ATENCIÓN !!!
O curso Técnicas e recursos relacionais para a práctica da Psicomotricidade en Atención Temperá (3ª edición),impartido por Xoana Balado, a celebrar en Santiago,  os sábados 10 e 24 de maio e 7 de xuño de 2014 está COMPLETO

miércoles, 19 de marzo de 2014

CURSO PM EN AT (3ª edición)

ATENCIÓN!!!
O curso PM en AT (3ª edición) está case completo.
As vindeiras solicitudes de inscrición estarán en lista de espera ata que se peche o curso.
Informarase personalmente a cada solicitante do estado da súa solicitude.

lunes, 24 de febrero de 2014

CURSO PM EN AT (3ª Edición)



Técnicas e recursos relacionais para a práctica da 
 Psicomotricidade en Atención Temperá”   (3ª edición)


ATENCIÓN!!! CAMBIO DE DATA

O sábado 31 de maio coincide coas Festas da Ascención en Santiago, polo que o curso dese día trasládase ao sábado 7 de xuño


martes, 11 de febrero de 2014

CURSO PM E AT (3ª Edición)


Técnicas e recursos relacionais para a práctica da 
 Psicomotricidade en Atención Temperá”   (3ª edición)
(Declarado de interese sanitario)
10, 24 e 31 MAIO 2014

                                                                                                 
                   
  













Relatora   Xoana Balado Fernández, Psicomotricista 
                       Unidade de Atención Temperá - Hospital A. Marcide-Novoa Santos - Ferrol 

Lugar      FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA  
                    Rúa Alejandro Novo González nº 1 - SANTIAGO DE COMPOSTELA                          
                                                      
20 horas      Días 10 e 24 de maio, de 10h a 14h e de 16h a 20h
                           Día 31 de maio, de 10h a 14h 

4 sesións prácticas seguidas dun periodo de elaboración de contidos, de 4 h. de duración. 
1 sesión de exposición e de observación, comentarios e propostas sobre casos, de 4 h. de duración

20 prazas    Por rigurosa orde de chegada das solicitudes de inscrición

Obxectivos
  • Investigar a comunicación pre-verbal: materiais, contidos e instrumentos.
  • Explorar e recuperar as modalidades da sensibilidade sensoriomotriz.
  • Construir relacións enriquecidas. 
Contidos


Recibimentos, recoñecementos, saúdos e despedidas. A atención mutua: xerar anticipación e expectativa. 
Explorar a alerta, a reactividade, a inhibición, a habituación, sobrecarga e descarga, os recursos de desconexión, de consolo e de auto-consolo, as posibilidades de regulación de actividade e descanso, e o uso das canles sensoriais. Defensas e recursos de protección. 
A revisión, re-coñecemento e activación das modalidades da sensibilidade sensorio-motora con obxecto de compartir e propoñer experiencias. 
Espazo e territorio: explorar, descubrir, investir e construír espazos para a comunicación. 
Posicionamento e distanciamento. A proxémica. 
Fases no desenvolvemento da atención mutua. 
Estar e non estar para o outro. Disponibilidade e accesibilidade. A ausencia. Escondites e refuxios. 
Os obxectos: explorar, dar e recibir. Obxecto mediador, obxecto sustitutivo, obxecto relacional, obxecto emisario. 
Separación, individuación e identidade. 
Esquemas relacionais de colaboración, afirmación, oposición, resistencia e evitación. 
Agresividade, apropiación e identidade. 
A representación xestual, vocal e gráfica. 
Alentar e coidar a sensibilidade das familias. 


Material


Cada participante precisará levar: 
- roupa cómoda e calcetíns grosos ou zapatillas tipo artes marciais (flexibles) 
- un coxín
- unha toalla grande ou unha mantiña . 
- 2 fulares. 

Inscricións:

Cubrir o formulario da páxina web de AGAT http://www.atenciontemprana.com 
poñendo os vosos datos persoais, profesión e lugar de traballo e no apartado email poñede, por favor, o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións. 
A continuación no apartado “comentarios” e no renglón de “asunto da mensaxe” escribir "inscrición curso psicomotricidade" e finalmente premer (pinchar) no botón Enviar. 
A inscrición será efectiva no momento de formalizar a matrícula na 
C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 (NovaGaliciaBanco) 
Cota inscrición antes do 1 de abril:
Socios/as AGAT: 100 € Cota inscrición non socios/as: 150 € 
Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 130 € 
Cota inscrición despois do 1 de abril:
Socios/as AGAT: 120 € Cota inscrición non socios/as: 170 € 
Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 150 € 
Información complementaria: formacion@atenciontemprana.com ; Teléfono 691448981