domingo, 13 de diciembre de 2015

Curso "Integración sensorial"

Curso "INTEGRACIÓN SENSORIAL"
28 de Novembro de 2015
Bárbara Viader


O sábado 28 de novembro celebrouse en Santiago, no Obradoiro Auditorio de Afundación, o curso "Integración sensorial" impartido por Bárbara Viader.










Primeiro falou dos sistemas sensoriais e da neurobioloxía dos sentidos para proseguir falando das disfuncións no procesamento sensorial.



Ao remate do curso propuxo unha serie de casos e as perosas participantes tiñan que identificar algúns das dificultades, xa foran de modulación, de discriminación; dispraxias ou descoordinación motriz bilateral.



sábado, 14 de noviembre de 2015

PM UDIAF Carballo

BASES PARA A SELECCIÓN DE PSICOMOTRICISTA PARA A UNIDADE DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR DE BERGANTIÑOS  (UDIAF-BERGANTIÑOS)

 Primeira: obxecto
É obxecto da presente convocatoria a selección para a provisión dun posto de traballo de Psicomotricista para a Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar de Bergantiños da AGAT (Asociación Galega de Atención Temperá)  e segundo convenio asinado pola AGAT coa Consellería de Política Social.
 Segunda: xornada 
A xornada de traballo será de 36 horas semanais de luns a venres, en xornada de maña e tarde, por un ano, durante 2016. O contrato poderá ser renovado en caso de continuidade do convenio. A previsión de inicio efectivo do contrato é para o día 1 de xaneiro de 2016. O período de proba será de tres meses. E haberá unha fase de prácticas iniciais.
Terceira: requisitos
Para tomar parte nas probas de selección será necesario que as persoas aspirantes reúnan os seguintes requisitos na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes:
  • Estar en posesión dunha titulación de grao ou equivalente no ámbito das ciencias da saúde, sociais e/ou educativas
  • Acreditar unha experiencia mínima de dous anos ou estar en posesión dunha titulación de posgrao en desenvolvemento infantil e atención temperá (mínimo 300 h)
  • Acreditar formación e experiencia en psicomotricidade.

Cuarta: solicitudes
Dirixirse á responsable de formación da Asociación Galega de Atención Temperá formación@atenciontemprana.com, acompañando curriculum vitae actualizado
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de novembro as 24:00 horas.
Quinta: proceso de selección
A selección seguirá as seguintes fases:
  •  Fase de avaliación da experiencia e dos méritos Ademáis da experiencia e formación específica descrita nos requisitos, valorarase a experiencia de traballo continuado e cotián con nenos/as de 0 a 6 anos e coas familias, e a formación académica e méritos correspondentes ás citadas áreas. (Primeira preselección)
  • Fase de avaliación do enfoque dun suposto práctico relacionado co posto a desempeñar (Segunda preselección)
  • Fase de avaliación da idoneidade para o posto de traballo mediante entrevista persoal
A previsión da fase de suposto práctico e entrevistas dos/as candidatos preseleccionados é o 10 de decembro, xoves*, e a comunicación da resolución definitiva para adxudicación da praza será entre o 10 e 16 de decembro. A comisión de avaliación será designada pola Xunta Directiva da AGAT.
A comisión de avaliación poderá declarar a praza deserta.
*Comunicarase aos preseleccionados o lugar e data de celebración do suposto práctico e entrevistas


martes, 10 de noviembre de 2015

Curso "INTEGRACIÓN SENSORIAL"
28 de Novembro de 2015
Bárbara Viader

O AFORO ESTÁ COMPLETO, XA NON HAI PRAZAS LIBRES

DATA: 
Sábado 28 de novembro de 2015
HORARIO:
9:00 - 15:00 h
LUGAR:
Auditorio Obradoiro de Afundación
Rúa Nova nº 33 
Santiago de Compostela 

lunes, 12 de octubre de 2015

CURSO DE ACTUALIZACIÓN EN ATENCIÓN TEMPERA

 AS DIFICULTADES DE ALIMENTACIÓN PRIMEIRA INFANCIA 
Declarado de interese sanitario 
O venres 2 e o sábado 3 de outubro de 2015 tivo lugar no Salón de Actos da EGAP en Santiago o curso sobre "Dificultades de alimentación na primeira infancia".
O acto foi inaugurado pola Presidenta da AGAT, Teresa Busto, que presentou ás relatoras.




Consuelo Pedrón Giner
• Doutora en Medicina e Cirurxía. Especialista en Pediatría. Médica Adxunta. Servizo de Pediatría. Sección de Gastroenteroloxía e Nutrición. 

Beatriz Sanz Herrero 



• Licenciada en Psicoloxía. Especialista en Psicoloxía Clínica. Psicóloga Clínica Adxunta. Servizo de Psiquiatría e Psicoloxía.  

Paquita González González
• Diplomada en Profesorado de EXB e Especialista en perturbacións da Audición e da Linguaxe. Logopeda en Atención Temperá. Servizo de Rehabilitación. (Á derrita da imaxe)

As tres profesionais traballan xuntas no Hospital do Neno Xesús, en Madrid, desde fai máis de 10 anos, colaborando mutuamente e aportando cada unha delas as súas propias experiencias e o seu ben facer.


As relatoras falaron das diferentes dificultades de alimentación que poden presentar os nenos e nenas de 0 a 6 anos e das causas que as poden producir. 
Así mesmo deron unhas orientacións prácticas a ter en conta nas actuacións con estés nenos e nenas, como por exemplo prantexar grandes obxectivos pero acadalos mediante a consecución de pequenas metas



O sábado adicouse á presentación e comentarios sobre diferentes casos clínicos. A consigna para a mellor intervención é "pensar antes de actuar".


As persoas asistentes ao curso amosaron moito interese e participaron activamente realizando preguntas e comentando os seus casos particulares vencellados aos presentados polas relatoras, que aclararon as súas dúbidas en todo momento.




Como colofón a este curso comentar a disponibilidade das relatoras para solventar futuras dúvidas e inquedanzas relacionadas cos problemas de alimentación infantil e salientar sobre todo a gran calidade humana de Consuelo, Beatriz e Paquita.
Moitas grazas!!!

domingo, 13 de septiembre de 2015

Curso "Integración Sensorial"

Curso "INTEGRACIÓN SENSORIAL"
28 de Novembro de 2015
Bárbara Viader
Bàrbara Viader Vidal, realizou os seus estudos universitarios como terapeuta ocupacional na Universidade Autónoma de Barcelona (UAB). Fixo a especialización en Pediatría e Educación na Universidade Nacional de Colombia, e a formación en Integración Sensorial coa Universidade de Liverpool e a Universidade do Sur de California. Realizou o postgrado en Metodoloxía Científica na UAB, e actualmente está centrando os seus estudos no ámbito das neurociencias, dende o Máster en Neurociencias da Universidade de Barcelona (UB), a través dos cales está enfocando os sus estudos de doctorado.
Densenvolve a súa actividade profesional no CEIB, un centro de referencia a nivel nacional, por ser pioneiro dentro do campo da terapia de integración sensorial, e da estimulación neurolóxica infantil. Tamén o é polo seu rigor terapéutico, que se rixe polos estudos máis actuais da neurociencia. Traballan para avanzar na investigación científica, e por todos estes motivos é un centro universitario de referencia en toda Europa. Participan tamén da investigación científica dentro do ámbito da adopción, as dificultades motrices e da aprendizaxe, o autismo e o retraso de crecemento.
PROGRAMA
Introdución á Integración Sensorial. Descrición básica da Integración Sensorial como factor clave para o desenvolvemento infantil:
- Principios básicos.
- Base neurolóxica.
- Sistemas Sensoriais.
- A Arte da Terapia de Integración Sensorial. Quén pode facer      terapia de Integración Sensorial e por qué?
A Normalidade e a Disfunción no Procesamento Sensorial:
- Cómo diferenciar Normalidade de Disfunción, en Integración Sensorial? (práctica con fotos, videos e textos).
- Introdución á Disfunción no Procesamento Sensorial (DPS). Qué é o procesamento Sensorial? Cómo se entrena este procesamento sensorial?
Qué sucede cando non funciona correctamente o procesamento sensorial? 
- Tipos de afectacións do procesamento sensorial (modulación e discriminación). Exercicios prácticos (texto, imaxes). Prácticas e dinámicas de grupo.
Profundización na Disfunción no Procesamento Sensorial (especificacións para os nenos e nenas con diagnóstico de TEA):
- Clasificación xeral da DPS.
- Desorden na Modulación Sensorial (DMS).
- Desorden na Discriminación Sensorial (DDS).
- Consecuencias de cada desorden da DPS.
Diseño básico dunha dieta sensorial: 
- Modificacións ambientais para mellorar a integración sensorial dos nenos e nenas con TEA, e beneficiar así tódalas áreas do seu desenvolvemento e optimizar o resto de intervencións terapéuticas.
A Arte da Terapia de Integración Sensorial en imaxes:
- Qué é exactamente e para qué serve esta terapia?

DATA: 
Sábado 28 de novembro de 2015
HORARIO:
9:00 - 15:00 H
LUGAR:
Santiago de Compostela - Por determinar

INSCRICIÓN:
Cubrir o formulario da páxina principal da web da AGAT

poñendo os vosos datos persoais, profesión e lugar de traballo. No apartado “email” poñede por favor o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións. A continuación no apartado “asunto” escribide "inscrición curso integración sensorial". Si sodes  socios/as poñédeo no apartado de “mensaxe”. Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”.

  Recibiredes confirmación da admisión da vosa solicitude, por rigurosa orde de chegada, 
   dende a vocalía de AGAT Formación; 
   
   a continuacion hai que formalizar a matrícula na C/C da AGAT
   
  a continuacion teneis que formalizar la matrícula em la C/C de AGAT 
  Nº de  cuenta: 2080 0553 50 3040005038    (ABANCA)

A inscrición será efectiva no momento de formalizar a matrícula na C/C da AGAT Nº de conta: 2080 0553 50 3040005038 (ABANCA)
IBAN
ES0720800553503040005038

Cotas

Cota de inscrición socios/as AGAT:  
50 € 
Cota de inscrición de non socios/as: 
80 €
  Cota  especial de inscripción  + Asociación AGAT :
  100 €

Información complementaria:

formacion@atenciontemprana.com;

Tfno 698164211


Declaración de Interese Sanitario en trámite





Curso "Dificultades Alimentación"

CURSO DE ACTUALIZACIÓN EN ATENCIÓN TEMPERA
2 e 3 de Outubro de 2015
Declarado de interese sanitario 

Lugar:  Salón de Actos na planta baixa da EGAP- Santiago de Compostela

PECHADO - ESTÁ COMPLETO

jueves, 3 de septiembre de 2015


CURSO DE ACTUALIZACIÓN EN ATENCIÓN TEMPERA

 AS DIFICULTADES DE ALIMENTACIÓN NA PRIMEIRA INFANCIA 
2 e 3 de Outubro de 2015

Declarado de interese sanitario 

Lugar:  Salón de Actos na planta baixa da EGAP (Escola Galega de Administración Pública)
               Polígono das Fontiñas
               Rúa Madrid 2-4 - Santiago de Compostela

AMPLÍASE O PRAZO ATA O 10 DE SETEMBRO COA COTA INICIAL
ÚLTIMAS PRAZAS!!!

jueves, 20 de agosto de 2015



CURSO DE ACTUALIZACIÓN EN ATENCIÓN TEMPERA

 AS DIFICULTADES DE ALIMENTACIÓN NA PRIMEIRA INFANCIA 
2 e 3 de Outubro de 2015

Declarado de interese sanitario 

Lugar:  Salón de Actos na planta baixa da EGAP (Escola Galega de Administración Pública)
            Polígono das Fontiñas
            Rúa Madrid 2-4 - Santiago de Compostela

 Na primeira infancia, as dificultades na alimentación son moi frecuentes tanto en nenos e nenas sans como naqueles con distintos tipos de enfermidades. Moitas delas obedecen ao proceso de maduración e desenvolvemento do neno ou da nena e resólvense espontaneamente co tempo. Noutros casos, estas mesmas dificultades son vividas con gran preocupación por parte das familias. Coa detección e intervención precoz moitos destes problemas resólvense con facilidade. Pero cando os síntomas son ignorados ou minusvalorados poden cronificarse e dar lugar a trastornos moito máis difíciles de trata


Consuelo Pedrón Giner 
• Doutora en Medicina e Cirurxía. Especialista en Pediatría. Médica Adxunta. Servizo de Pediatría. Sección de Gastroenteroloxía e Nutrición. 

• Beatriz Sanz Herrero 
• Licenciada en Psicoloxía. Especialista en Psicoloxía Clínica. Psicóloga Clínica Adxunta. Servizo de Psiquiatría e Psicoloxía. 

• Francisca González González. 
• Diplomada en Profesorado de EXB e Especialista en perturbacións da Audición e da Linguaxe. Logopeda en Atención Temperá. Servizo de Rehabilitación. 

PROGRAMA 

OBXECTIVOS 
Aportar unha experiencia interdisciplinaria de abordaxe integral das dificultades de alimentación na nena e no neno pequenos. 
Coñecer a tipoloxía de problemas máis frecuentes, os procedementos de avaliación e tratamento individualizado en función das necesidades do neno ou da nena e da súa familia. 
Expoñer e discutir casos clínicos representativos e o seu seguimento en colaboración coa familia e as educadoras e educadores das escolas infantís.


CONTIDOS 


I.- TRATAMENTO DAS DIFICULTADES DE ALIMENTACIÓN NA PRIMEIRA INFANCIA. 
Criterios diagnósticos e tratamento médico 
O papel da alimentación no desenvolvemento do neno e da nena 
Compartir a culler 
CASOS CLINICOS 
II.- DA SONDA Á CULLER.A ALIMENTACIÓN NO NENO E NA NENA CON SOPORTE ARTIFICIAL 
Tratamento multidisciplinar 
CASOS CLÍNICOS 

TEMPORIZACIÓN 
7 HORAS, 2 sesións de traballo, de tarde 3 HORAS, e de mañá 4 HORAS 

DATAS 
Días: venres 2 e sábado 3 de Outubro de 2015. 
Horario: Venres tarde, de 17 a 20. Sábado mañá, de 10 a 14 


LUGAR 
Santiago de Compostela, EGAP

PRAZAS LIMITADAS 

INSCRICIÓN 
Cubrir o formulario da páxina principal da web da AGAT 
http://www.atenciontemprana.com/contacto 
poñendo os vosos datos persoais, profesión e lugar de traballo. No apartado “email” poñede por favor o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións. A continuación no apartado “asunto” escribide "inscrición curso alimentación". Si sodes socios/as poñédeo no apartado de “mensaxe”. Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”
Recibiredes confirmación da admisión da vosa solicitude, por rigurosa orde de chegada, 
dende a vocalía de AGAT Formación; 
a continuacion hai que formalizar a matrícula na C/C da AGAT 

IBAN: ES0720800553503040005038


Cotas 
Ata o 1 de setembro 
Cota de inscrición socios/as AGAT: 
35 € 
Cota de inscrición de non socios/as: 
60 € 
Cota especial de inscrición + Asociación AGAT : 
75 € 
Despois do 1 de setembro 
Cota de inscrición socios/as AGAT: 
50 € 
Cota de inscrición de non socios/as: 
80 € 
Cota especial de inscripción + Asociación AGAT : 
100 € 
Información complementaria: 
formacion@atenciontemprana.com; 
Tfno 698164211 



viernes, 12 de junio de 2015

CURSO PM en AT 2015

“Técnicas e recursos relacionais para a práctica da Psicomotricidade en Atención Temperá”    (4ª edición)

9, 23 e 30 de maio de 2015

XOANA BALADO

O sábado 30 de maio rematou a 4ª edición do curso de formación sobre Psicomotricidade en Atención Temperá organizado pola AGAT e impartido por Xoana Balado.
A derradeira sesión adicouse a analizar casos prácticos e a relacionar a teoría coas experiencias vivenciadas nas sesións anteriores.
Estas imaxes amosan o ambiente "intelecutal" desta xornada que contrasta co "vivido" e "percibido" os outros sábados:

Xoana Balado acaparando a atención do grupo
Despois das vivencias veu a relación cos contidos teóricos do curso

A exposición e explicación de casos prácticos espertou grande interese nas participantes

Xoana Balado amosando os seus amplos coñecementos sobre PM e AT

Unha mostra da satisfacción dalgunhas das persoas que realizaron a 4ª edición do curso sobre PM en AT           "Técnicas e recursos relacionais para a práctica da Psicomotricidade en Atención Temperá", 2015

miércoles, 27 de mayo de 2015

CURSO PM en AT 2015

“Técnicas e recursos relacionais para a práctica da Psicomotricidade en Atención Temperá”    (4ª edición)

9, 23 e 30 de maio de 2015

XOANA BALADO

O sábado 23 de maio continuou a 4ª edición do curso de formación sobre Psicomotricidade en Atención Temperá.
Estas imaxes amosan as experiencias vividas nesa segunda xornada.

Imprimir movemento a un obxecto
                 
Desplazar un obxecto
Desplazarse cun obxecto
 
                                                                                                                                                                               


Encontrar formas de representación gráfica -cores, formas, texturas- para o esquema corporal sentido e apercibido

                                                                  
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                         





    


Explorar e practicar as relacións de colaboración, de resistencia, de oposición e derivadas,  por medio dunha tela.




Os espazos-niño.
As formas e tempos de regulación actividade/descanso.
O ben merecido descanso en grupo,  permite que as sensacións, as percepcións, as experiencias apousen e se integren.






Lonxe-perto
Os ritmos que acordamos en parella, permiten soster a relación na distancia.
Así os patróns rítmicos que xeneramos  e establecemos como xogo cos bebes sustentan a exploración das distancias de relación.