“Técnicas e recursos relacionais para a práctica da
Psicomotricidade en Atención Temperá” (3ª edición)
(Declarado de interese sanitario)
O sábado 10 de Maio de 2014, deu comezo o curso sobre Psicomotricidade en Atención Temperá, na súa 3ª edición que está a ser impartido por Xoana Balado.
O novo grupo de participantes está formado por xóvenes profesionais e estudantes de diversas disciplinas.
 |
| Xoana Balado introduce o curso coas súas explicacións pero sobre todo coas súas vivencias |
Estas imaxes reflicten mellor cas verbas as actividades realizadas e o bo clima que se logrou nesta primeira sesión.
 |
| A sesión comezou imitando todo o grupo o movemento proposto por cada un e cada unha das participantes |
 |
| Ao cabo dun rato xa se andaba polo chan, mesmo de xeonllos |
 |
| Despois da vivencia ven a reflexión e os comentarios |
 |
| Agora toca "transportar" os coxíns, en parella, pero antes individual |
 |
| Preparándose para cambiar de "casa", á orde de Xoana hai que ir a outro xornal |
 |
| As primeiras experiencias plasmanse no papel. Moitas cores, estrelas, flores, pés, círculos, notas,... |
 |
| Antes de comer, sesión de relaxación |
 |
| Medio grupo está "cego" e o outro fai de "lazarillo", a vista está nos pés. A confianza da seguridade |
 |
| Tramando a vinganza para quenes non guiaron ben!!! |
 |
| Agora as persoas cegas ven e aos lazarillos lles toca "sofrir" |
 |
| A tarde rematou coa exploración do "obxecto", xa fora transicional, hipnótico, relacional,... |