CURSO DE ACTUALIZACIÓN EN ATENCIÓN TEMPERA
AS DIFICULTADES DE ALIMENTACIÓN PRIMEIRA INFANCIA
Declarado de interese sanitario
O venres 2 e o sábado 3 de outubro de 2015 tivo lugar no Salón de Actos da EGAP en Santiago o curso sobre "Dificultades de alimentación na primeira infancia".
O acto foi inaugurado pola Presidenta da AGAT, Teresa Busto, que presentou ás relatoras.
Consuelo Pedrón Giner
O acto foi inaugurado pola Presidenta da AGAT, Teresa Busto, que presentou ás relatoras.
Consuelo Pedrón Giner
• Licenciada en Psicoloxía. Especialista en Psicoloxía Clínica. Psicóloga Clínica Adxunta. Servizo de Psiquiatría e Psicoloxía.
Paquita González González

As tres profesionais traballan xuntas no Hospital do Neno Xesús, en Madrid, desde fai máis de 10 anos, colaborando mutuamente e aportando cada unha delas as súas propias experiencias e o seu ben facer.

As relatoras falaron das diferentes dificultades de alimentación que poden presentar os nenos e nenas de 0 a 6 anos e das causas que as poden producir.
Así mesmo deron unhas orientacións prácticas a ter en conta nas actuacións con estés nenos e nenas, como por exemplo prantexar grandes obxectivos pero acadalos mediante a consecución de pequenas metas

O sábado adicouse á presentación e comentarios sobre diferentes casos clínicos. A consigna para a mellor intervención é "pensar antes de actuar".
As persoas asistentes ao curso amosaron moito interese e participaron activamente realizando preguntas e comentando os seus casos particulares vencellados aos presentados polas relatoras, que aclararon as súas dúbidas en todo momento.

Como colofón a este curso comentar a disponibilidade das relatoras para solventar futuras dúvidas e inquedanzas relacionadas cos problemas de alimentación infantil e salientar sobre todo a gran calidade humana de Consuelo, Beatriz e Paquita.
Moitas grazas!!!