Técnicas e recursos relacionais para a
práctica da psicomotricidade en A. T.
(2ª EDICIÓN)
13, 20 e 27 ABRIL 2013
FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA
Rúa Alejandro Novo González nº 1
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Xoana Balado, Psicomotricista
Unidade de Atención Temperá
Hospital A. Marcide-Novoa Santos
Ferrol
20 horas Días 13 e 20 de abril, de 10h a 2h e de 4h a 8h.
Día 27 de abril, de 10h a 2h
4 sesións prácticas seguidas dun periodo de elaboración de contidos, de 4 h. de duración.
1 sesión de exposición e de observación, comentarios e propostas sobre casos, de 4 h. de duración
20 prazas
Programa
A comunicación pre-verbal: materiais, contidos e instrumentos.
Exploración e recuperación das modalidades da sensibilidade
sensoriomotriz.
A construcción de relacións enriquecidas.
Contidos
Recibimentos, recoñecementos, saúdos e despedidas. A atención mutua: xerar anticipación e expectativa.
Explorar a alerta, a reactividade, a inhibición, a habituación, sobrecarga e descarga, os recursos de desconexión, de consolo e de auto-consolo, as posibilidades de regulación de actividade e descanso, e o uso das canles sensoriais. Defensas e recursos de protección.
A revisión, re-coñecemento e activación das modalidades da sensibilidade sensorio-motora con obxecto de compartir e propoñer experiencias.
Espazo e territorio: explorar, descubrir, investir e construír espazos para a comunicación.
Posicionamento e distanciamento. A proxémica.
Fases no desenvolvemento da atención mutua.
Estar e non estar para o outro. Disponibilidade e accesibilidade. A ausencia. Escondites e refuxios.
Os obxectos: explorar, dar e recibir. Obxecto mediador, obxecto sustitutivo, obxecto relacional, obxecto emisario.
Separación, individuación e identidade.
Esquemas relacionais de colaboración, afirmación, oposición, resistencia e evitación.
Agresividade, apropiación e identidade.
A representación xestual, vocal e gráfica.
Alentar e coidar a sensibilidade das familias.
Material
Cada participante precisará levar:
- roupa cómoda e calcetíns grosos ou zapatillas tipo artes marciais (flexibles)
- un coxín
- unha toalla grande ou unha mantiña .
- 2 fulares.
Inscricións:
Cubrir o formulario da páxina web de AGAT http://www.atenciontemprana.com
poñendo os vosos datos persoais, profesión e lugar de traballo e no apartado email poñede por favor o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións. A continuación no apartado “comentarios” e no renglón de “asunto do mensaxe” escribir "inscrición curso psicomotricidade" e finalmente premer (pinchar) no botón Enviar. A inscrición será efectiva no momento de formalizar a matrícula na C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 (NovaGaliciaBanco)
Cota inscrición socios AGAT: 100 € Cota inscrición non socios: 150 €
Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 130 €
Información complementaria: formacion@atenciontemprana.com ; Teléfono 691448981
Declaración de interese sanitario en trámite
No hay comentarios:
Publicar un comentario