lunes, 23 de diciembre de 2013

REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ

O luns 23 de decembro de 2013 saíu publicado no DOGa nº 244, o Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá


A continuación tedes un resumo do decreto:

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación
1. É obxecto do presente decreto crear a Rede galega de atención temperá, que regula
a actuación integral en atención temperá dos órganos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico, delimita as competencias de cada un dos órganos e entidades no seu ámbito de actuación (sanitario, educativo e de servizos sociais), así como os mecanismos de coordinación entre eles, a través da creación dos órganos colexiados da Rede, e a definición do catálogo de servizos específicos de apoio en atención temperá.
2. Serán persoas destinatarias da atención temperá os/as nenos/as de 0 a 6 anos con
trastornos no desenvolvemento ou en situacións de risco de padecelos, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, así como as súas familias e o seu contorno. 
Artigo 2. Definicións
1. Enténdese a atención temperá como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación
infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar
resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social. 
Artigo 3. Principios reitores
1. Os principios reitores da Rede galega de atención temperá son os seguintes:
a) Universalidade
b) Igualdade
c) Responsabilidade pública
d) Descentralización e proximidade
e) Coordinación
f) Integración social
g) Interese superior do/a menor.
h) Prevención
i) Gratuidade
j) Interdisciplinariedade e alta cualificación profesional.
k) Diálogo e participación familiar.
l) Calidade.
Artigo 4. Metodoloxía das actuacións en atención temperá
A atención temperá desenvólvese como unha atención especializada multidisciplinar, e
as actuacións terán un carácter multidimensional e biopsicosocial mediante equipamentos especializados en desenvolvemento infantil de 0 a 6 anos, que seguirán un modelo metodolóxico común de actuación:
a) Detección precoz dos trastornos do desenvolvemento ou das situacións de risco de
padecelos.
b) Valoración e intervención interdisciplinaria e transdisciplinaria a través das fases de
acollida, valoración, intervención e avaliación.
c) Identificación e rexistro do trastorno do desenvolvemento, competencias persoais,
factores contextuais, barreiras e facilitadores para o progreso na autonomía persoal e a inclusión social
d) Elaboración e seguimento dun plan personalizado de intervención 
e) Coordinación cos recursos dos servizos sociais, educativos e sanitarios relacionados
cos procesos referidos.
f) Autonomía persoal
g) Atención personalizada
h) Atención especializada multidisciplinar

Pódese consultar o decreto completo no seguinte enlace: 




No hay comentarios:

Publicar un comentario