lunes, 9 de junio de 2014

PM en AT - Sábado 7 de xuño


Técnicas e recursos relacionais para a práctica da 
 Psicomotricidade en Atención Temperá”   (3ª edición)

(Declarado de interese sanitario)

O sábado 7 de Xuño de 2014, celebrouse a derradeira sesión do curso sobre Psicomotricidade en Atención Temperá, na súa 3ª edición impartido pola experta psicomotricista Xoana Balado.
Despois de dous sábados de intensas vivencias psicomotrices, este último día adicouse á reflexión e a correlacionar a práctica coa teoría.
O remate do curso consistiu na análise e estudo de casos presentados pola poñente, Xoana Balado, e obtidos durante o seu traballo cos seus pacientes, á familia dos cales agradecemos a súa colaboración no desenvolvmento destes cursos.
O labor docente da relatora, Xoana Balado, foi valorado polas persoas participantes cunha prolongada ovación.
Coma sempre, nas seguintes fotos poden apreciarse os diferentes momentos do curso:

LECCIÓN MAXISTRAL DE XOANA BALADO 
ESTUDO E ANÁLISE DE CASOS
RESOLVENDO DÚBIDAS....
Mentras o alumnado avalía o curso, Xoana pensa ... 
PARTICIPANTES DA 3ª EDICIÓN DE "PM en AT", RECOLLENDO O DIPLOMA





Xoana Balado e a responsable de Formación da AGAT pensando xa na 4ª edición do curso de "PM en AT" ou ben na continuidade cun curso de ampliación de coñecementos psicomotrices e de estudo e seguimento de casos. 
Dentro dun ano o veremos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario