martes, 24 de febrero de 2015

CURSO PM EN AT 2015

“Técnicas e recursos relacionais para a práctica da Psicomotricidade en Atención Temperá”    (4ª edición)
9, 23 e 30 de maio de 2015
XOANA BALADO
Obxectivos: 
 Investigar a comunicación pre-verbal: materiais, contidos e instrumentos. 
 Explorar e recuperar as modalidades da sensibilidade sensoriomotriz. 
 Construír relacións enriquecidas 

Contidos 
Recibimentos, recoñecementos, saúdos e despedidas. A atención mutua: xerar anticipación e expectativa. 
Explorar a alerta, a reactividade, a inhibición, a habituación, sobrecarga e descarga, os recursos de desconexión, de consolo e de auto-consolo, as posibilidades de regulación de actividade e descanso, e o uso das canles sensoriais. Defensas e recursos de protección. 
A revisión, re-coñecemento e activación das modalidades da sensibilidade sensorio-motora co obxecto de afinar a observación, compartir e propoñer experiencias. 
Espazo e territorio: explorar, descubrir, investir e construír espazos para a comunicación. 
Posicionamento e distanciamento. A proxémica. 
Fases no desenvolvemento da atención mutua. 
Estar e non estar para o outro. Disponibilidade e accesibilidade. A ausencia. 
Escondites, refuxios, parapetos. 
Os obxectos: explorar, mostrar, dar e recibir. Obxecto mediador, obxecto sustitutivo,obxecto relacional, obxecto emisario. As operacións relacionais cos obxectos. 
Funcións na comunicación preverbal 
Separación, individuación e identidade. 
Esquemas relacionais de colaboración, afirmación, oposición, resistencia e evitación. 
Agresividade, apropiación e identidade. 
A representación xestual, vocal e gráfica. 
Alentar e coidar a sensibilidade das familias. 

Temporización 
4 sesións prácticas seguidas dun periodo de elaboración da experiencia de 4h. de duración. 
1 sesión de exposición, observación e comentario sobre os contidos, de 4 h

Número de prazas: 20 
Material
Cada participante precisará levar: 
 roupa cómoda e calcetíns grosos ou zapatillas tipo artes marciais (flexibles) 
 un coxín. 
 unha toalla 


No hay comentarios:

Publicar un comentario