jueves, 15 de septiembre de 2016

ENCONTRO
"Centros e Servizos de Atención Temperá"
10 DE SETEMBRO 2016
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Salón de Actos da (EGAP) Escola Galega de Administración Pública

Mellorar a calidade dos servizos - Revisar procedementos - Dignificar o exercicio profesional

O sábado 10 de setembro celebrouse en Santiago o Encontro de "Centros e Servizos de Atención Temperá". Uns 50 profesionais adicados ao trabajo con nenos e nenas con dificultades, de 0 a 6 anos participaron no evento.
Inaugurou o encontro a Presidenta da AGAT, Teresa Busto, acompañada polo Vicepresidente da FEGAMP, Manuel Mirás.

A Presidente da AGAT e o Vicepresidente da FEGAMP
A atención das persoas participantes no "Encontro de AT"
Teresa Busto e Manuel Mirás
A continuación Miguel Ángel Rupert, xerente da UCCAP-ACAP (Unión Catalana de Centros de Atención Precoz-Asociación Catalana de Atención Precoz) expuxo o modelo de organización da Atención Temperá en Cataluña.
Miguel Ángel Rupert presentado por Ana Fernández Blanco, vocal da AGAT
Miguel Ángel Rupert


Despois do café interviron as relatoras Elvira Martínez, da UAI de Avilés, Pilar López Pisón, do CDIAT El Portillo-Delicias de Zaragoza e Julia Molinuevo, do CAT Asprodico de Madrid, comentando as súas experiencias e o funcionamento dos Servizos de AT en Asturias, Aragón e na comunidade de Madrid, respectivamente.

De esquerda a dereita, Pilar López Pisón, Elvira Martínez e Julia Molinuevo
Presentación das relatoras pola vocal da AGAT, Patricia Míguez










As ponencias versaron sobre como mellorar a calidade dos servizos de Atención Temperá, revisións dos procedementos utilizados e disertouse sobre como dignificar o exercicio profesional.

A pregunta era "Que podemos cambiar? Hai algo que cambiar?"




Cada exposición foi seguida por un coloquio no que participaron as persoas asistentes ao encontro.



Para rematar, presentouse a memoria do traballo realizado polas UDIAFs (Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio ás Familias) de Galicia (Deza, Salnés e Bergantiños).
Jaime Ponte e Gema Martínez


Jaime Ponte, coordinador das UDIAFs abriu a ponencia e Gema Martínez, coordinadora da UDIAF do Salnés, primeira en crearse, rematou a charla expoñendo os resultados obtidos nos últimos 6 anos.

A coordinadora da UDIAF do Salnés e o coordinador das UDIAFs
Agradecemento de Gema Martínez a Jaime Ponte, polas UDIAFs



No hay comentarios:

Publicar un comentario