Que deben de saber de Xenética as e os profesionais da Atención Temperá?"
O sábado 18 de febreiro de 2017, o Profesor Dr Ánxo Mª Carracedo Álvarez impartíu no Salón de Actos da EGAP, en Santiago de Compostela o curso, organziado pola AGAT, "Que deben de saber de Xenética as e os profesionais da Atención Temperá?.
O Dr Carracedo é o Director da Fundación Pública Galega
de Medicina Xenómica dependente da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, tamén é Catedrático de Medicina Legal da Universidade
de Santiago (USC)), sendo Director do Instituto de Medicina
Legal da USC desde 1994 ata 2012.
Actualmente ostenta así mesm o cargo de Director do Centro Nacional de
Genotipado (ISCIII).
A presidenta da AGAT, Teresa Busto Domínguez abriu o acto lembrando que fai 20 anos que a AGAT, a Asociación Galega de Atención Temperá, comezou a súa andaina e que para celebrar este aniversario ao longo do 2017 vanse realizar varias actividades, sendo a primeira este curso de Xenética e Atención Temperá.
Teresa Busto fixo fincapé que sen a colaboración e participación das persoas socias, AGAT non existiría, polo que agradeceu sinceramente a súa presencia no curso.
A continuación a Directora Xeral de Mayores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez procedeu a inaugurar oficialmente o curso.
![]() |
Teresa Busto, presidenta da AGAT e Fabiola García, Directora Xeral de Maiores e Persoas con discapacidade |
Unha vez inaugurado o curs, o Dr Carracedo foi respondendo amable e sinceramente as preguntas que se lle realizaron en torno ao seu currículum. Contounos como se fixo xenetista, cales foron os premios máis importantes para el, e salientou a importancia dos primeiros anos de vida no desenvolvemento dos nenos e nenas.
Depois das presentacións o Profesor Carracedo baixou da tarima e coa súa sencillez e cercanía características expuxo con claridade os principios xerais das bases da xenética.
En todo momento estivo aberto ás preguntas que foron xurdindo entre as persoas participantes no curso.