sábado, 18 de marzo de 2017

CURSO DE FORMACIÓN      

             Que deben de saber de Xenética as e os profesionais da Atención Temperá?"


O sábado 18 de febreiro de 2017, o Profesor Dr Ánxo Mª Carracedo Álvarez impartíu no Salón de Actos da EGAP, en Santiago de Compostela o curso, organziado pola AGAT, "Que deben de saber de Xenética as e os profesionais da Atención Temperá?.


O Dr Carracedo é o Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica dependente da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, tamén é Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago (USC)), sendo Director do Instituto de Medicina Legal da USC desde 1994 ata 2012.
Actualmente ostenta así mesm o cargo de Director do Centro Nacional de Genotipado (ISCIII).

A presidenta da AGAT, Teresa Busto Domínguez abriu o acto lembrando que fai 20 anos que a AGAT, a Asociación Galega de Atención Temperá, comezou a súa andaina e que para celebrar este aniversario ao longo do 2017 vanse realizar varias actividades, sendo a primeira este curso de Xenética e Atención Temperá.

Teresa Busto fixo fincapé que sen a colaboración e participación das persoas socias, AGAT non existiría, polo que agradeceu sinceramente a súa presencia no curso.

A continuación a Directora Xeral de Mayores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez procedeu a inaugurar oficialmente o curso.

 Teresa Busto, presidenta da AGAT e Fabiola García, Directora Xeral de Maiores e Persoas con discapacidade

Unha vez inaugurado o curs, o Dr Carracedo foi respondendo amable e sinceramente as preguntas que se lle realizaron en torno ao seu currículum. Contounos como se fixo xenetista, cales foron os premios máis importantes para el, e salientou a importancia dos primeiros anos de vida no desenvolvemento dos nenos e nenas.

Depois das presentacións o Profesor Carracedo baixou da tarima e coa súa sencillez e cercanía características expuxo con claridade os principios xerais das bases da xenética.
En todo momento estivo aberto ás preguntas que foron xurdindo entre as persoas participantes no curso. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario