martes, 22 de octubre de 2013

CURSO INTERVENCIÓN FAMILIAR EN AT


CURSO DE INTERVENCIÓN FAMILIAR EN ATENCIÓN TEMPERÁ



O sábado 5 de outubro de 2013 celebrouse con gran éxito na EGAP, en Santiago, o curso sobre Intervención Familiar en Atención Temperá organizado pola AGAT e impartido por Sonsoles Perpiñán Guerras.






Inaugurou o curso Carmen de la Sierra, representante de Coro Piñeiro, a Secretaria Xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.





                                                           Presentou á poñente a Presidenta da AGAT, 
Teresa Busto, que salientou a longa traxectoria de Sonsoles Perpiñán na Atención Temperá, tanto na práctica diaria como colaborando na súa difusión e na formación de profesionais.



Breve CV de Sonsoles Perpiñán:
-       Psicóloga
-       Especialista en Educación infantil e en Atención Temperá.
-     Directora do Equipo de Atención Temprana de Ávila dependente da Consejería de Educación de la Junta de Castilla y León.
-      Asesora técnica da Asociación Abulense da Síndrome de Down.
-  Membro da Federación Estatal de Asociaciones de Profesionales de Atención Temprana hasta 2013. 

 Asesora técnica en proxectos de integración escolar, formación  e Atención Temperá en Oruro, Bolivia.

Docente en cursos de especialización de profesionales en materias de Educación Infantil, Atención a la diversidad, salud emocional y Atención Temprana desarrollados en Centros de formación del profesorado, asociaciones y distintas Universidades.
Autora dos libros:
. Atención Temprana y Familia. Cómo intervenir creando entornos competentes." 2009. Madrid. Narcea.
. “La salud emocional en la infancia: Componentes y estrategias de intervención." 2013 Madrid Narcea.
Coautora de documentos realizados polo GAT e publicados polo Real Patronato sobre discapacidade:
. “Recomendaciones Técnicas para el desarrollo de la Atención Temprana” .2005;
. “Organización Diagnóstica para la Atención Temprana” Versión 2008.
. “Guía del desarrollo infantil desde el nacimientos hasta los 6 años”. 2010
. “La primera noticia” 2011.

Máis de 30 profesionais relacionadas e relacionados coa Atención Temperá en Galicia, participaron no curso 


O material enviouse en formato dixital por enderezo electrónico e entregouse en papel durante o curso

Atención, diálogo, interese e coloquio 


viernes, 20 de septiembre de 2013

CURSO "INTERVENCIÓN FAMILIAR EN AT"

O CURSO "INTERVENCIÓN FAMILIAR EN AT", A CELEBRARSE O SÁBADO 5 DE OUTUBRO DE 2013 NA EGAP, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, DECLARADO DE INTERESE SANITARIO

jueves, 12 de septiembre de 2013

CURSO INTERVENCIÓN FAMILIAR EN AT

O CURSO DE FORMACIÓN "INTERVENCIÓN FAMILIAR EN ATENCIÓN TEMPERÁ" QUE SE CELEBRARÁ O SÁBADO 5 DE OUTUBRO NA EGAP EN SANTIAGO
ESTÁ COMPLETO

viernes, 30 de agosto de 2013

CURSO "INTERVENCIÓN FAMILIAR EN ATENCIÓN TEMPERÁ"


INTERVENCIÓN  FAMILIAR
EN ATENCIÓN TEMPERÁ
5 OUtubrO 2013
EGAP- Escola GALEGA ADMINISTRACIÓN PUBLICA
Polígono de Fontiñas Rúa de Madrid, 2-4 15707 Santiago de Compostela

Sonsoles Perpiñán Guerras


Psicóloga e Directora do Equipo de
Atención Temperá de Ávila.
Consejería de Educación.
Junta de Castilla y León

Documentos de referencia:
-       Atención temprana y familia. Madrid.Narcea Ediciones 2009
-       La salud emocional en la infancia. Madrid. Narcea Ediciones 2013


OBXECTIVOS:

-       Comprender as implicacións que ten o feito de ter un fillo ou filla con trastornos do desenvolvemento sobre o sistema familiar.
-       Coñecer en profundidade o sistema familiar, as súas características e necesidades.
-       Coñecer distintos modelos de intervención coas familias.
-       Incorporar elementos das distintas teorías psicolóxicas na tarefa directa coas familias.
-       Definir o papel da e do profesional na relación coas familias.
-       Favorecer a creación de contornas familiares competentes.
-       Modelar estratexias e técnicas concretas para traballar coas nais e cos pais.
-       Reflexionar sobre as actitudes das e dos profesionais e a súa incidencia na tarefa de asesorar e acompañar ás familias.


PROGRAMA:

Sábado 5 Outubro. Mañá




Contidos
Metodoloxía
10 - 10,30
1.- Marco conceptual.
1.1.- Achegas de distintas teorías á Intervención familiar
1.2.- Modelos de intervención familiar en Atención Temperá.
1.3.- Modelo Contornas competentes
Exposición teórica
10,30 - 11,30
2.- O sistema familiar.
2.1.- Características e necesidades.
2.2.- A familia e o trastorno do desenvolvemento. 
Obradoiro 1: Cambios que se producen na familia.
Debate
Exposición teórica

11,30 - 12
Descanso

12 - 14
2.3.- Os irmáns e as irmás de nenas e nenos con trastornos do desenvolvemento.
2.4.- O papel das avoas e dos avós.

Exposición teórica
Sábado 5 Outubro. Tarde



16 - 18,30

3.- Metodoloxía
3.1.- Obxectivos. 
3.2.- Contidos.
3.3.- Estratexias.

Obradoiro 2: Estratexias de actuación
Debate
Exposición teórica
18,30 - 19
Descanso

19 - 20
4.- Programas de Intervención familiar.
4.1.- Programas de acollida.
4.2.- Programas de seguimento.
4.3.- Programas grupais.

5.- As actitudes da e do profesional.

Exposición teórica


PRAZAS
30


Inscricións:

Cubrir o formulario da páxina web de AGAT http://www.atenciontemprana.com
poñendo os vosos datos persoais, profesión e lugar de traballo e no apartado email poñede por favor o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións. A continuación no apartado “comentarios” e no renglón de “asunto do mensaxe” escribir "inscrición curso intervención familiar” e finalmente premer (pinchar) no botón Enviar. A inscrición será efectiva no momento de formalizar a matrícula na C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 (NovaGaliciaBanco)

Cota inscrición socias/os AGAT: 40 € 
Cota inscrición non socias/os: 60 €
Cota especial inscrición + Asociación AGAT: 70 €

Información complementaria: 
formacion@atenciontemprana.com
Tfno 691448981






viernes, 31 de mayo de 2013

CURSO PM e AT 2ª Edición

XOANA BALADO
CURSO PM e AT (2ª edición)

Celebrado en Santiago de Compostela os días 13, 20 e 27 de abril de 2013 nas instalacións da Fundación "Down Compostela" cun total de 24 participantes de diversas profesións, baixo a dirección da Psicomotricista galega Xoana Balado Fernández.

Outra vez máis os resultados das enquisas de avaliación da actividade amosaron o alto interese que esperta a Psicomotricidade como instrumento de traballo no ámbito da Atención Temperá.
Salientase a necesidade duns estudos de tercer ciclo ou un Máster en Psicomotricidade adaptado á realidade dos e das profesionais galegas.


Non nos coñecemos?... Presentémonos!
Traballando co "obxeto"
Cegas e lazarillas

Paseando os coxíns de dous en dous


Liberando tensións!!!

O niño

Disfrutando nas "hamacas"

De paseo pola sala...

Baixo as teas

"Lendo os xornais"
Descanso en parellas trala sesión de PM

Aquí estamos nós!!!
Plasmando as emocións vividas

Xoana Balado, a relatora, nun momento da explicación

As persoas participantes atendendo á explicación
O grupo do curso de PM e AT 2013


Ao remate do curso, Xoana, a relatora, e Luisa Fernanda, a vocal de Formación da AGAT, están satisfeitas despois da misión cumprida e pensando xa, dado que non hai 2 sen 3, no curso "Psicomotricidade e Atención Temperá", 2014.

lunes, 1 de abril de 2013

CURSO PM e AT

O curso que impartirá  XOANA BALADO sobre 
"PSICOMOTRICIDADE E ATENCIÓN TEMPERÁ"
e que se celebrará en Santiago de Compostela os
sábados 13, 20 e 27 de abril de 2013 
nas instalacións da Fundación Down Compostela 
ESTÁ PECHADO.
XA NON HAI PRAZAS LIBRES!!!

domingo, 10 de marzo de 2013

CURSO "PM E AT": Recoñecemento de INTERESE SANITARIO

O curso sobre "Psicomotricidade e Atención Temperá" que vaise celebrar en Santiago de Compostela, na "Fundación Down Compostela" os sábados 13, 20 e 27 de abril de 2013, ven de obter recoñemento de:

       Interese Sanitario


Para ver outra vez o programa do curso, premer neste enlace,Curso PM e AT/ 2ª Edición,ou ben entrar na páxina web da AGAT ou na páxina "Cursos de Formación" neste blog.