lunes, 23 de abril de 2012

FOTOS DO PRIMEIRO DÍA DO CURSO "PSICOMOTRICIDADE E ATENCIÓN TEMPERÁ



RELAXÁNDONOS...







REPRESENTACIÓN GRÁFICA DA SESIÓN







RECOÑECEMENTO PLANTAR



EXPLORANDO O OBXETO



CREATIVIDADE CONXUNTA

O sábado 14 de abril comezamos a mañá desentumecéndonos, logo saludámonos, atopamos o noso propio saúdo, recoñecemos o espazo, o compartimos en grandes e pequenos anacos de papel, e quedamos tan cansas que tivemos que relaxarnos... Estabamos tan ben que non queríamos ir xantar!!!

Tamén representamos con ceras de cores o que vivimos coas nosas "compañeiras de fatigas".

Pola tarde estimulamos as nosas plantas dos pés recoñecendo distintas e contrastadas texturas, guiadas polo noso "lazarillo". Que morea de sensacións!! Pero confiabamos "cegamente", e nunca millor dito, en noso guía que sen falar evitaba que non nos mancáramos.

Ben traballado o "sensoriomotriz", pasamos a explorar o obxeto. Incríble a de cousas que se poden facer cun botellón, soas en coas outras persoas!

Tamén deixamos voar a nosa imaxinación e creamos unha "figura" entre todos os membros do grupo. Quedou orixinal, ou non??

Como aínda non esquecéramos a Semana Santa, rematamos a tarde cun movemento rítmico semellante ao das procesións engaioladas coa música barroca...

Antes de irnos, a posta en común das nosas experiencias con Xoana e as súas sabias explicacións preparounos para reflexionar ao longo da semana e desexar que chegara pronto o vindeiro sábado 21 de abril.

No hay comentarios:

Publicar un comentario