CURSO DE FORMACIÓN
Unha mirada dende a Atención Temperá
O sábado 26 de novembro de 2016, celebrouse na EGAP, en Santiago de Compostela o curso "O neonato e a humanización da súa contorna".
O mellor valorado do curso foron as relatoras, o seu elevado nivel de coñecementos sobre os temas tratados, a
claridade na exposición e na presentación dos recursos, como se reflicte nas
porcentaxes de máxima valoración das enquisas.
Tamén é de salientar o bo clima que se
creou no curso dende o primeiro momento.
A Presidenta da AGAT, Teresa Busto inaugurou o curso e presentou ás relatoras.
- María Jesús Fernández
Cotado.
D.U.E. Enfermeira na Unidade de Neonatoloxía
do Servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
- María Xosé Vázquez
Vázquez.
Diplomada en Traballo Social. Traballadora
social do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Profesional de
referencia da Unidade de Atención Temperá do CHUO dende o ano 1998 ata finais
do ano 2015.
- Ana Belén Fernández
Blanco.
Diplomada en maxisterio. Especialidade de
Educación Especial. Psicomotricista. Experta Universitaria en Atención á
Dependencia. Técnica en Atención Temperá.
Forma parte do equipo de Atención Temperá do
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense dende 1999.
- Mercé Leonhardt Gallego
Licenciada en Filosofia e Letras. Sección
Psicoloxía. Titulada pola Universidad de Harvard na capacitación e aplicación
da Escala Neonatal Behavioural Assessment Scale NBAS, de T.B. Brazzelton.
Pioneira da Atención Temperá en nenos e
nenas con déficit visual e Coordinadora de Atención Precoz para nenos e nenas
cegos e con severo déficit visual durante máis de 30 anos.
![]() |
Teresa Busto presentando ás relatoras |
![]() |
Mª Xosé Vázquez, Mª Jesús Fernández Cotado e Ana Belén Fermández Blanco |
![]() |
A primeira relatora foi Mª Jesús Fernández Cotado |
No hay comentarios:
Publicar un comentario