miércoles, 25 de enero de 2017

Curso de Formación "XENÉTICA e AT"


CURSO DE FORMACIÓN      


             Que deben de saber de Xenética as e os profesionais da Atención Temperá?"


Relator:                                                                                                                 18 de Febreiro de 2017
Anxo Mª CARRACEDO ÁLVAREZ                                              EGAP – Santiago de Compostela

PROGRAMA
OBXECTIVOS:
Facer entender as bases da xenética, do diagnóstico xenético e as posibilidades e limitacións das análises xenéticas.
CONTIDOS:
Bases da xenética. ADN e ARN.
Bases do diagnóstico xenético.
Xenética de enfermidades mendelianas.
Xenética de enfermidades complexas (un exemplo con autismo e discapacidade intelectual).
Asesoramento xenético
RELATOR:
Anxo  Mª CARRACEDO ÁLVAREZ
Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago e Doutor en Medicina pola mesma Universidade, ambos con premio extraordinario.
Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (Consellería de Sanidade-Xunta de Galicia).
Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago (USC)).
Director do Instituto de Medicina Legal da USC (desde 1994 ata 2012).
Director do Centro Nacional de Genotipado (ISCIII).
Publicou 10 libros e máis de 600 artigos en revistas incluíndo artigos en Nature, Science, Nature Genetics, ademais das principais revistas de Xenética Médica, cancro e Medicina Forense.
Editor da revista Forensic Science International: Genetics, a de maior impacto da área forense.
Membro do consello editorial de 15 revistas internacionais de Xenética e Medicina oFrense.
Dirixe un grupo duns cen investigadores e investigadoras que traballan en diferentes  áreas da xenómica, tanto clínica como forense.
Recibiu numerosos premios entre os que salientamos:
-                                 Medalla de Ouro e Prata de Galicia
-                                 Premio Rei Jaime I de investigación, outorgado en España por un xurado de máis de 20 Premios Nobel
-                                 Medalla Adelaide, a distinción máis importante a nivel mundial en Medicina Forense
-                                 Medalla Galien, coñecido polo Premio Nobel do Medicamento
-                                 Medalla Castelao
-                                 Premio Prismas de Divulgación
-                                 Premio Novoa Santos
-                                 Medallas ao mérito da Policía e a Garda Civil.
-                                 Doutor Honoris Causa por varias universidades de Europa e América
-                                 Premio Nacional de Genética

A xenética é unha disciplina “transversal que o abarca todo”, que ten aplicacións nos campos máis diversos como a historia, a migración dos pobos, a lingüística, así como en outros tan dispares como a investigación sobre o cancro, o autismo ou a medicina forense, temas aos que se dedica en corpo  e alma o Profesor Dr Anxo Mª Carracedo.
A súa ampla traxectoria profesional lle permitiu ser testemuña da evolución da xenética. “Ao abordar desde a xenética enfermidades moi distintas, vemos que se empregan os mesmos marcadores e os mesmos procedementos”, comenta o científico.
«O número de casos que se poden diagnosticar mediante probas xenéticas é cada vez máis importante, asa o punto de que no autismo ou na discapacidade intelectual a porcentaxe pode acadar o 40 por cento e nas enfermidades raras o 80 por cento»
Isto é moi importante para as familias cun neno ou unha nena autista, non soamente para confirmar o diagnóstico senón tamén para o consello xenético, por se queren ter máis descendencia. Desta forma, pódese predicir mellor o risco  e tomar decisións ao respecto.
O consello xenético é o estudo que se realiza a unha persoa determinada para comprobar se existe risco de que na súa familia poda repetirse a enfermidade que ela padece. Tratase dunhas probas coas que é posible adiantarse ao futuro desenvolvemento dun alto número de enfermidades.
O profesor Carracedo comezou abordando cuestións relacionadas co cancro e agora está máis centrado en enfermidades psiquiátricas. No caso do autismo, realizou un proxecto integrado por un consorcio internacional no que secuenciaron exomas de moitos nenos e nenas autistas, atopando máis de 100 xenes novos.
Se ao xenoma humano o comparamos cun libro,  á parte deste libro que ten a información real se lle chama exoma, porque hai moitas partes do libro que non se sabe moi ben que información teñen. Ás partes que dan instrucións polo tanto se llas chama exoma, que é unha pequena parte do libro, como uns centos de millóns de páxinas.
Grazas á xenética, pódense facer diagnósticos prenatais ou preimplantacionais que é unha maneira de previr que os nosos fillos e fillas e tamén os nosos netos e netas presenten unha patoloxía.
Cando isto é inevitable e aparece unha diversidade funcional decatámonos da importancia da Atención Temperá para paliar o mellor posible as súas consecuencias.
         Como conclusión poderíamos realizarnos esta pregunta “Que deben de saber   de xenética as profesionais e os profesionais da Atención Temperá?”

LUGAR:
Salón de Actos da EGAP (Escola Galega de Administración Pública)
Santiago de Compostela
DATA:
Sábado 18 de febreiro de 2017
HORARIO:
10:00 – 14:00 h
PRAZAS :
Limitadas - Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición
Declaración de interese sanitario:
en trámite
COTAS:

Ata o día 31 de xaneiro:
·  Cota de inscrición socios/as AGAT: 0
·  Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT:  40 €
·  Cota de inscrición de non-socios/as:  20

Ata o día 10 de febreiro:
·  Cota de inscrición socios/as AGAT: 10 €
·  Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT:  50 €
·  Cota de inscrición de non-socios/as:  30 €
INSCRICIÓN
-   Entrar en “Contacto” na páxina principal da web da AGAT: 
http://www.atenciontemprana.com 

-   Cubrir o formulario poñendo os vosos datos personais, profesión e lugar de traballo 

-   No apartado “email” poñede, por favor, o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións.
-   Na ringleira de “asunto” escribir "Inscrición Curso  Xenética e AT”
-   Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”. 

-   Inmediatamente recibiredes unha mensaxe automática de saída da vosa solicitude. 

-   Posteriormente, un correo de “AGAT Formación” (formacion@atenciontemprana.com) vos confirmará da recepción da vosa solicitude e vos informará de que para formalizar a matrícula tedes que ingresar a cota correspondente na conta:
                               C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 ABANCA
-   A admisión ao curso será efectiva cando recibades outro correo de “AGAT Formación” confirmando o ingreso da vosa cota de inscrición na conta da AGAT.
INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:
atenciontemprana@atenciontemprana.com                      
agat@atenciontemprana.com
Tfno. 698 124 611

No hay comentarios:

Publicar un comentario