lunes, 18 de febrero de 2013

NOVA XUNTA DIRECTIVA DA AGAT

A nova Xunta Directiva da Asociación Galega de Atención Temperá está formada por:


Nome
Cargo
Correo electrónico
Mª Teresa Busto Dominguez
Presidenta
Jaime Ponte Mittelbrunn
Vicepresidente
Gema Martinez Martínez
Secretaria
Raquel Boquete Orgeira
Tesoureira
Luisa Fernanda Arís García
Vocal
Beatriz Díaz García-Muñoz
Vocal
Patricia Míguez Gómez
Vocal
Mónica Romero Fontao
Vocal

martes, 22 de enero de 2013

CURSO PM EN AT

    Técnicas e recursos relacionais para a  
     práctica da psicomotricidade en A. T.       
                                                   
        (2ª EDICIÓN)                                       
                                         13, 20 e 27 ABRIL 2013
                   
                                FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA
                                                             Rúa Alejandro Novo González nº 1
                                                   
                                                                     SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xoana Balado, Psicomotricista 
Unidade de Atención Temperá 

Hospital A. Marcide-Novoa Santos 

Ferrol 

20 horas     Días 13 e 20 de abril, de 10h a 2h e de 4h a 8h. 

                          Día 27 de abril, de 10h a 2h 


4 sesións prácticas seguidas dun periodo de elaboración de contidos, de 4 h. de duración. 

1 sesión de exposición e de observación, comentarios e propostas sobre casos, de 4 h. de duración

20 prazas



Programa
                      A comunicación pre-verbal: materiais, contidos e instrumentos. 
                  Exploración e recuperación das modalidades da sensibilidade  
                  sensoriomotriz. 
                  A construcción de relacións enriquecidas. 
Contidos 

Recibimentos, recoñecementos, saúdos e despedidas. A atención mutua: xerar anticipación e expectativa. 
Explorar a alerta, a reactividade, a inhibición, a habituación, sobrecarga e descarga, os recursos de desconexión, de consolo e de auto-consolo, as posibilidades de regulación de actividade e descanso, e o uso das canles sensoriais. Defensas e recursos de protección. 
A revisión, re-coñecemento e activación das modalidades da sensibilidade sensorio-motora con obxecto de compartir e propoñer experiencias. 
Espazo e territorio: explorar, descubrir, investir e construír espazos para a comunicación. 
Posicionamento e distanciamento. A proxémica. 
Fases no desenvolvemento da atención mutua. 
Estar e non estar para o outro. Disponibilidade e accesibilidade. A ausencia. Escondites e refuxios. 
Os obxectos: explorar, dar e recibir. Obxecto mediador, obxecto sustitutivo, obxecto relacional, obxecto emisario. 
Separación, individuación e identidade. 
Esquemas relacionais de colaboración, afirmación, oposición, resistencia e evitación. 
Agresividade, apropiación e identidade. 
A representación xestual, vocal e gráfica. 
Alentar e coidar a sensibilidade das familias. 

Material
Cada participante precisará levar: 
- roupa cómoda e calcetíns grosos ou zapatillas tipo artes marciais (flexibles) 
- un coxín
- unha toalla grande ou unha mantiña . 
- 2 fulares. 

Inscricións:

Cubrir o formulario da páxina web de AGAT http://www.atenciontemprana.com 
poñendo os vosos datos persoais, profesión e lugar de traballo e no apartado email poñede por favor o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións. A continuación no apartado “comentarios” e no renglón de “asunto do mensaxe” escribir "inscrición curso psicomotricidade" e finalmente premer (pinchar) no botón Enviar. A inscrición será efectiva no momento de formalizar a matrícula na C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 (NovaGaliciaBanco) 
Cota inscrición socios AGAT: 100 € Cota inscrición non socios: 150 € 
Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 130 € 
Información complementaria: formacion@atenciontemprana.com ; Teléfono 691448981 

Declaración de interese sanitario en trámite 

jueves, 13 de diciembre de 2012

ASAMBLEA

ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA AGAT

A elección da nova xunta directiva da AGAT terá lugar na asamblea extraordinaria que se vai celebrar o vindeiro sábado día 15 de decembro de 2012, ás 12 horas en primeira convocatoria e ás 12.30 en segunda, no centro cívico de Fontiñas en Santiago de Compostela

Tendo rematado o prazo de presentación estabrecido a única candidatura recibida é:


CANDIDATURA


Nome
Cargo
Correo electrónico


Mª Teresa Busto Dominguez
Presidenta


Jaime Ponte Mittelbrunn
Vicepresidente


Gema Martinez Martínez
Secretaria

Raquel Boquete Orgeira
Tesoreira

Luisa Fernanda Arís García
Vocal


Jose Cardama Barrientos
Vocal


Beatriz Díaz García-Muñoz
Vocal


Patricia Míguez Gómez
Vocal


Mónica Romero Fontao
Vocal


jueves, 11 de octubre de 2012

XORNADA TIC EN AT

XORNADA: "As TICs no ámbito da Atención Temperá"



    Xaime Ponte Mittelbrunn, presidente da AGAT,  presentou á Secretaria Xeral de Política Social da
    Consellería de Traballo e Benestar, Coro Piñeiro, quen declarou inaugurada a Xornada


No apartado de "Novas" do portal da Xunta de Galicia publicouse esta noticia referente á Xornada "As TICs no ámbito da Atención Temperá" celebrada no MUPEGA o pasado sábado 6 de outubro de 2012 e organizada pola AGAT:

"Benestar avoga por unha atención temperá a través dun marco normativo que posibilite a intervención múltiple

A secretaria xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar, Coro Piñeiro, participou hoxe na inauguración da xornada ‘As Tecnoloxías da Información e a Comunicación no ámbito da Atención Temperá’
Coro Piñeiro lembrou que ata a actualidade a atención temperá estivo considerada como unha visión puramente médica e asistencial, mentres que agora se lle incorporou unha visión integral.
Santiago, 6 de outubro de 2012.- A secretaria xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar, Coro Piñeiro, avogou hoxe por un novo paradigma para a atención temperá que facilite aos nenos e nenas e ás súas familias unha atención temperá de xeito continuado, flexible e contextualizado a través dun marco normativo que posibilite a intervención múltiple.
Coro Piñeiro participou hoxe na inauguración da xornada ‘As Tecnoloxías da Información e a Comunicación no ámbito da Atención Temperá’. Esta xornada ten como obxectivo intercambiar as experiencias e compartir recursos que permitan mellorar o sistema de atención temperá en Galicia.
A secretaria xeral de Política Social lembrou que ata a actualidade a atención tempera estivo considerada como unha visión puramente médica e asistencial, mentres que agora se lle incorporou unha visión integral que require a intervención de tres sistemas: o de saúde, o la educación e dos servizos sociais.
O resultado deste traballo verase reflectido no futuro decreto polo que se regulará a actuación administrativa integral en atención temperá na Comunidade Autónoma de Galicia, que considera a atención temperá como un servizo administrativo integral de responsabilidade pública e de carácter universal, rexido polos principios reitores de igualdade, coordinación, atención personalizada, autonomía persoal e participación, descentralización e proximidade.
Doutra banda, expuxo que “o aprendizaxe a través das TICs permite flexibilizar a educación, achegala a ámbitos antes dificilmente accesibles e adaptalas ás necesidades de cada neno ou nena”. “De aí a importancia de establecer intervencións centradas nas necesidades e demandas tanto das familias coma dos nenos, onde sempre se teña en conta os contextos sociais e os ámbitos nos que se desenvolven”, apuntou Piñeiro."



Teresa Busto presenta aos profesionais de TADEGA
De seguido,Teresa Busto, Vicepresidenta da AGAT, moderou a ponencia presentada por TADEGA.

Emma Mayo e Xoan Fernández explican como acompañar a unha persoa con déficit visual

Emma Mayo e Xoan Fernández falaron da vantaxes das TICs na Atención Temperá e a importancia da "accesibilidade e usabilidade como punto de partida para a inclusión". Tamén solicitaron a participación do público para experimentar cunha gafas que simulan distintos problemas de visión.

Despois do café chegou a parte máis emotiva da xornada coa presentación dos blogs creados polas mamás de sendos nenos con discapacidade.

Carmen Saavedra presentando "Cappaces"







Carmen Saavedra contounos os progresos do seu fillo coas TICs, sobre todo co IPad. Se queredes coñecer a web entrades en: http://cappaces.com que, como din na páxina "Este rincón sólo aspira a compartir con otras familias aquellas aplicaciones que nos han resultado útiles, educativas o simplemente divertidas".

A continuación, moi emocionada, Inés Casal presentounos o seu blog que ven sendo a voz do seu fillo e onde podemos ver tamén as súas experiencias co triciclo-tandem.
Inés Casal presentando o seu blog "hablapormidiceiago"
En http://hablapormidiceiago.blogspot.com.es/ podedes ver toda a intervención de Inés Casal e de paso coñecer os pictos, o autismo, materiais, actividades LIM...

Por último Cuca Da Silva, mestra, nai e promotora da asociación "Por dereito", fixo a presentación do seu blog http://www.pensandoenimaxes.blogspot.com/ que pódese seguir en http://prezi.com/d98l3can-pfw/una-mirada-retrospectiva/

Cuca da Silva presentando o blog "Pensando en imágenes"

Pola tarde, a coordinadora da UDIAF do Salnés, Gema Martínez, moderou a ponencia de Iria Botana que versou sobre o traballo de investigación levado a cabo por ela, logopeda da UAT de Ordes, "O contexto familiar nos programas de atención temperá"

Iria Botana expoñendo o seu estudo e Gema Martínez moderando
Para rematar a xornada contouse coa colaboración Ángel Javier González García, estimulador infantil no Centro Base de León e "Miembro de la Comisión Técnica encargado de diseñar y elaborar el actual Modelo de Atención Temprana de la Comunidad Autónoma de Castilla y León".


Javier González explicou o seu blog sobre desenvolvemento infantil e atención
No blog http://desarrolloinfantilyatenciontemprana.blogspot.com.es, creado por el no 2009, podemos atopar todo o relacionado coa atención temperá (historia, recursos, documentación, escalas de detección, avaliación, propostas de intervención) e co desenvolvemento infantil (fichas e vídeos das etapas de dº seguidas mes a mes).
Vaise convertir nun portal de referencia no ámbito da atención temperá en España e máis aló ...

A sáida entregaronse os diplomas de asistencia. Aproveitamos para salientar que houbo unha longa lista de espera para asistir á Xornada e que, moi a noso pesar, moita xente quedou fora por falta de prazas e por erros na entrada dos correos.

Dende AGAT agradecemos o esforzo e a calidade dos e das poñentes e o interese amosado polos distintos profesionais que asistiron a esta Xornada. 

miércoles, 12 de septiembre de 2012

martes, 11 de septiembre de 2012

ATENCIÓN!!!
SÓ QUEDAN 2 PRAZAS PARA A "XORNADA TIC EN AT".
SE ALGUNHA PERSOA ADMITIDA NON PODE ASISTIR PREGAMOS QUE O COMUNIQUE A formacion@atenciontemprana.com O ANTES POSIBLE PARA DISPOÑER DA SÚA PRAZA.
MOITAS GRAZAS!!

martes, 4 de septiembre de 2012

XORNADA TRANSDISCIPLINAR: "As TICs na AT"


XORNADA TRANSDISCIPLINAR:
"As (TICsTecnoloxías da Información e a Comunicación no ámbito da Atención Temperá"
Sábado 6 de outubro 2012 
Museo Pedagóxico de Galicia – MUPEGA. San Lázaro s/n
Santiago de Compostela
Horario: 10-14 e 16-19 horas
Inscrición*: Gratuita con aforo limitado

TEMAS
– Internet e as novas tecnoloxías da información e a comunicación.
– Pizarras, ordenadores, creación de ferramentas de interacción, contos multimedia, tablets, apps,
consolas de xogo,… Utilidades.
– A web e a búsqueda de información: os portales de referencia.
– Os blogs das familias e dos profesionais. A comunicación de experiencias e a creación de novas
redes e comunidades de apoio.
– Presentación da investigación: O contexto familiar nos programas de Atención Temperá.

PONENCIAS
– TADEGA-Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega.
Juan Fernández García, Emma Mayo, …
– BLOGS DE FAMILIAS: Pensando en imaxes, Mamiiago, Cappaces
Cuca da Silva, Ines Casal, Carmen Saavedra
– INVESTIGACIÓNS: O contexto familiar
Iria Botana. Servizo Atención Temperá. Mancomunidade Ordes
– BLOGS DE PROFESIONAIS: Desarrolloinfantilatenciontemprana.
Javier González. Unidade Atención Temperá. Centro Base de León

* Cumplimentar o formulario da web de AGAT http://www.atenciontemprana.com poñendo os vosos datos persoais, e dentro do apartado de comentarios escribir "inscrición xornada TIC". A inscrición será efectiva ao formalizar o envío.