lunes, 19 de mayo de 2014

PM en AT - Sábado 10 de maio

Técnicas e recursos relacionais para a práctica da 

 Psicomotricidade en Atención Temperá”   (3ª edición)

(Declarado de interese sanitario)

O sábado 10 de Maio de 2014, deu comezo o curso sobre Psicomotricidade en Atención Temperá, na súa 3ª edición que está a ser impartido por Xoana Balado.
O novo grupo de participantes está formado por xóvenes profesionais e estudantes de diversas disciplinas.
Xoana Balado introduce o curso coas súas explicacións pero sobre todo coas súas vivencias
Estas imaxes reflicten mellor cas verbas as actividades realizadas e o bo clima que se logrou nesta primeira sesión. 

A sesión comezou imitando todo o grupo o movemento proposto por cada un e cada unha das participantes

Ao cabo dun rato xa se andaba polo chan, mesmo de xeonllos
               
Despois da vivencia ven a reflexión e os comentarios
Agora toca "transportar" os coxíns, en parella, pero antes individual
Preparándose para cambiar de "casa", á orde de Xoana hai que ir a outro xornal 


As primeiras experiencias plasmanse no papel. Moitas cores, estrelas, flores, pés, círculos, notas,...

Antes de comer, sesión de relaxación
Medio grupo está "cego" e o outro fai de "lazarillo", a vista está nos pés. A confianza da seguridade

Tramando a vinganza para quenes non guiaron ben!!! 

 Agora as persoas cegas ven e aos lazarillos lles toca "sofrir" 


A tarde rematou coa exploración do "obxecto", xa fora transicional, hipnótico, relacional,...

martes, 25 de marzo de 2014

CURSO PM EN AT (3ª edición) - COMPLETO

ATENCIÓN !!!
O curso Técnicas e recursos relacionais para a práctica da Psicomotricidade en Atención Temperá (3ª edición),impartido por Xoana Balado, a celebrar en Santiago,  os sábados 10 e 24 de maio e 7 de xuño de 2014 está COMPLETO

miércoles, 19 de marzo de 2014

CURSO PM EN AT (3ª edición)

ATENCIÓN!!!
O curso PM en AT (3ª edición) está case completo.
As vindeiras solicitudes de inscrición estarán en lista de espera ata que se peche o curso.
Informarase personalmente a cada solicitante do estado da súa solicitude.

lunes, 24 de febrero de 2014

CURSO PM EN AT (3ª Edición)



Técnicas e recursos relacionais para a práctica da 
 Psicomotricidade en Atención Temperá”   (3ª edición)


ATENCIÓN!!! CAMBIO DE DATA

O sábado 31 de maio coincide coas Festas da Ascención en Santiago, polo que o curso dese día trasládase ao sábado 7 de xuño


martes, 11 de febrero de 2014

CURSO PM E AT (3ª Edición)


Técnicas e recursos relacionais para a práctica da 
 Psicomotricidade en Atención Temperá”   (3ª edición)
(Declarado de interese sanitario)
10, 24 e 31 MAIO 2014

                                                                                                 
                   
  













Relatora   Xoana Balado Fernández, Psicomotricista 
                       Unidade de Atención Temperá - Hospital A. Marcide-Novoa Santos - Ferrol 

Lugar      FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA  
                    Rúa Alejandro Novo González nº 1 - SANTIAGO DE COMPOSTELA                          
                                                      
20 horas      Días 10 e 24 de maio, de 10h a 14h e de 16h a 20h
                           Día 31 de maio, de 10h a 14h 

4 sesións prácticas seguidas dun periodo de elaboración de contidos, de 4 h. de duración. 
1 sesión de exposición e de observación, comentarios e propostas sobre casos, de 4 h. de duración

20 prazas    Por rigurosa orde de chegada das solicitudes de inscrición

Obxectivos
  • Investigar a comunicación pre-verbal: materiais, contidos e instrumentos.
  • Explorar e recuperar as modalidades da sensibilidade sensoriomotriz.
  • Construir relacións enriquecidas. 
Contidos


Recibimentos, recoñecementos, saúdos e despedidas. A atención mutua: xerar anticipación e expectativa. 
Explorar a alerta, a reactividade, a inhibición, a habituación, sobrecarga e descarga, os recursos de desconexión, de consolo e de auto-consolo, as posibilidades de regulación de actividade e descanso, e o uso das canles sensoriais. Defensas e recursos de protección. 
A revisión, re-coñecemento e activación das modalidades da sensibilidade sensorio-motora con obxecto de compartir e propoñer experiencias. 
Espazo e territorio: explorar, descubrir, investir e construír espazos para a comunicación. 
Posicionamento e distanciamento. A proxémica. 
Fases no desenvolvemento da atención mutua. 
Estar e non estar para o outro. Disponibilidade e accesibilidade. A ausencia. Escondites e refuxios. 
Os obxectos: explorar, dar e recibir. Obxecto mediador, obxecto sustitutivo, obxecto relacional, obxecto emisario. 
Separación, individuación e identidade. 
Esquemas relacionais de colaboración, afirmación, oposición, resistencia e evitación. 
Agresividade, apropiación e identidade. 
A representación xestual, vocal e gráfica. 
Alentar e coidar a sensibilidade das familias. 


Material


Cada participante precisará levar: 
- roupa cómoda e calcetíns grosos ou zapatillas tipo artes marciais (flexibles) 
- un coxín
- unha toalla grande ou unha mantiña . 
- 2 fulares. 

Inscricións:

Cubrir o formulario da páxina web de AGAT http://www.atenciontemprana.com 
poñendo os vosos datos persoais, profesión e lugar de traballo e no apartado email poñede, por favor, o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións. 
A continuación no apartado “comentarios” e no renglón de “asunto da mensaxe” escribir "inscrición curso psicomotricidade" e finalmente premer (pinchar) no botón Enviar. 
A inscrición será efectiva no momento de formalizar a matrícula na 
C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 (NovaGaliciaBanco) 
Cota inscrición antes do 1 de abril:
Socios/as AGAT: 100 € Cota inscrición non socios/as: 150 € 
Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 130 € 
Cota inscrición despois do 1 de abril:
Socios/as AGAT: 120 € Cota inscrición non socios/as: 170 € 
Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 150 € 
Información complementaria: formacion@atenciontemprana.com ; Teléfono 691448981 

lunes, 23 de diciembre de 2013

REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ

O luns 23 de decembro de 2013 saíu publicado no DOGa nº 244, o Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá


A continuación tedes un resumo do decreto:

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación
1. É obxecto do presente decreto crear a Rede galega de atención temperá, que regula
a actuación integral en atención temperá dos órganos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico, delimita as competencias de cada un dos órganos e entidades no seu ámbito de actuación (sanitario, educativo e de servizos sociais), así como os mecanismos de coordinación entre eles, a través da creación dos órganos colexiados da Rede, e a definición do catálogo de servizos específicos de apoio en atención temperá.
2. Serán persoas destinatarias da atención temperá os/as nenos/as de 0 a 6 anos con
trastornos no desenvolvemento ou en situacións de risco de padecelos, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, así como as súas familias e o seu contorno. 
Artigo 2. Definicións
1. Enténdese a atención temperá como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación
infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar
resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social. 
Artigo 3. Principios reitores
1. Os principios reitores da Rede galega de atención temperá son os seguintes:
a) Universalidade
b) Igualdade
c) Responsabilidade pública
d) Descentralización e proximidade
e) Coordinación
f) Integración social
g) Interese superior do/a menor.
h) Prevención
i) Gratuidade
j) Interdisciplinariedade e alta cualificación profesional.
k) Diálogo e participación familiar.
l) Calidade.
Artigo 4. Metodoloxía das actuacións en atención temperá
A atención temperá desenvólvese como unha atención especializada multidisciplinar, e
as actuacións terán un carácter multidimensional e biopsicosocial mediante equipamentos especializados en desenvolvemento infantil de 0 a 6 anos, que seguirán un modelo metodolóxico común de actuación:
a) Detección precoz dos trastornos do desenvolvemento ou das situacións de risco de
padecelos.
b) Valoración e intervención interdisciplinaria e transdisciplinaria a través das fases de
acollida, valoración, intervención e avaliación.
c) Identificación e rexistro do trastorno do desenvolvemento, competencias persoais,
factores contextuais, barreiras e facilitadores para o progreso na autonomía persoal e a inclusión social
d) Elaboración e seguimento dun plan personalizado de intervención 
e) Coordinación cos recursos dos servizos sociais, educativos e sanitarios relacionados
cos procesos referidos.
f) Autonomía persoal
g) Atención personalizada
h) Atención especializada multidisciplinar

Pódese consultar o decreto completo no seguinte enlace: 




DECRETO ATENCIÓN TEMPERÁ

O pasado 5 de decembro de 2013, coincidendo coa conmemoración do Día Internacional da Discapacidade, a Xunta de Galicia anunciou que por fin vai saír á luz o tan esperado Decreto de Atención Temperá.

No boletín de Información aos Medios da Xunta de Galicia, aparece o anuncio de que a Consellería de Traballo e Benestar ven de aprobar o Decreto polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá para nenos e nenas de entre 0-6 anos:


"O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto que regulará esta nova actuación integral e transversal que coordinará un espazo común entre os sistemas de saúdeeducación e servizos sociais"

O obxectivo do decreto de atención temperá é prestar atención aos menores con
problemas de desenvolvemento ou en risco de padecelos, así como ás súas familias.

Entre outras novidades, establecerá que os profesionais do ámbito teñan unha
formación específica e regulará a existencia dun profesional de referencia para os
usuarios

A través deste texto crearase tamén o Consello Autonómico de Atención Temperá,
que establecerá as liñas estratéxicas na materia

A Consellería de Traballo e Benestar creará, por primeira vez en Galicia, unha rede de atención temperá con fin de avanzar na autonomía, na prevención e na calidade de vida, tanto dos propios menores como das súas familias.


Cabe destacar tamén que o decreto de atención temperá se enmarca na "Estratexia

para a prevención e detección precoz da dependencia, horizonte 2020", grazas a que 

a prevención pasa a considerarse prioritaria nas intervencións públicas. 

Por outra banda, é preciso lembrar que a coordinación entre departamentos ten tamén o 

seu reflexo en fitos como o "Plan marco de atención sociosanitaria de Galicia".